O Reto da Raposa Fedella

Amigas e amigos, a Raposa Fedella precisa a vosa axuda xa que a Biblia Kennicott desapareceu! A Biblia Kenicott é unha das obras máis importantes da exposición Galicia, un relato no mundo do Museo Centro Gaiás e ten un valor incalculable.

Na vitrina apareceron unha serie de enigmas que debedes resolver para dar co seu paradeiro e de seguro que, ao mesmo tempo, ides coñecer un bocadiño máis desta obra mestra, considerada unha das máis fermosas do mundo!

Para axudarnos a recuperar a Biblia, debes completar o último texto cos resultados, por orde, dos catro enigmas resoltos e mandar a túa resposta. (Seguide as pistas que vos deixa a Raposa Fedella no PDF que vai no enlace)

Fai clic para acceder a fedella_kennicott.pdf

Que será a primeira /o en descubrir os enigmas? Ánimo e boa investigación!

23 de abril, Día do Libro. Versos e audioversos

Como ben sabedes, o 23 de abril celebramos o “Día do Libro” e desexamos participar con todos e todas vós nesta festa lectora. Recorremos á poesía porque nos gusta gozar dos poemas, mais hoxe compartimos só versos que nos falan do amor polos libros.

Antonio García Teijeiro o que neste vídeo recítanos un poema no  enlace.

Unha proposta a partir do vídeo co que nos agasallou o gran poeta Antonio García Teijeiro é utilizar este fermoso poema dedicado aos libros  para pedirvos, lectores e lectoras, que construades os vosos propios versos a partir dos que se repiten en cada unha das estrofas.

Libros pechados…

Libros abertos….

E continuamos coas nosas propostas para este día. Completade a nosa listaxe de poemas con outros textos poéticos ou con audios que falen de libros ou que recitedes este. Quen se anima?

E xa para rematar, pensastes algunha vez en definir o que é o libro? E a lectura? Non falamos de definicións de dicionario, claro, senón daquelas que transmiten as nosas emocións a través dos libros e das lecturas. Agora que chegamos ao 23 de abril, Día do Libro, podemos tentar dar con esa definición exacta, precisa, que tamén nos vai identificar a vós con ela.

Narrativa dixital con Scratch

Imos comezar este longo confinamento que temos por diante, cunha actividade chamada Scratcheando que nos vai permitir crear unha narrativa dixital empregando Scratch.

Esta tarea está vinculada a un concurso que todos os anos convoca a plataforma Leer.es, pero vos non tendes a obriga de participar (só se queredes e vos apetece), pero, si de entregar o traballo requerido. Podedes facelo de xeito individual, en parellas… como vos resulte máis doado! Iso sí, antes de comezar en Scratch, lembrade facer un guión.

Se algún o algunha non recorda como se manexa Scratch, seguro que hai algún voluntario ou voluntaria que llo explica (podedes colgar un video, para que todos vexamos o manexo que tendes desta ferramenta dixital)

Ánimo que seguro que saen traballos super chulos!

https://drive.google.com/file/d/17xFymCCoG_ttzba_OQUMIAYvMLhJYHlK/view

https://drive.google.com/file/d/1y1EWSTQJ76TH8SisicclIFkZXvAe96Ia/view

https://drive.google.com/file/d/1qz_2pi6sESdItA5pM65KgXghLC0pW9i3/view