CREAMOS E RECREAMOS A POESÍA: Crear un video-poema a partir de un texto poético. O idioma é a chave coa que abrimos o mundo…

A poesía expresa fundamentalmente emociones pero non é a única forma artística que o fai. A música, a pintura, a fotografía…, todas as expresións artísticas, en xeral, utilízanse, en maior ou menor medida, para expresar sentimentos, emocións e en ocasións poden ser complementarias.

Neste apartado imos combinar varias formas de expresión e crear un vídeo-poema, é dicir como un vídeo- clip pero a partir dun poema. O poema (gravado oralmente) ira acompañado dunha música e unhas imaxes (fotografías, debuxos, vídeo…) que subliñen o sentido e a emoción do poema.

Cada UN/ UNHA escollerá un poema dun autor/a galeg@para render un homenaxe á Galicia e ao noso idioma, polo Día das Nosas Letras, 17 de maio. Unha vez que leamos e entendamos o contido do poema, deberemos buscar as imaxes e a música que nos parecen máis adecuados para acompañar ao poema e compoñer o vídeo-poema que debemos crear. A idea é que tanto as imaxes como a música que utilicemos axuden a subliñar as emocións que o poema quere expresar.

Os mellores videopoemas serán colgados na páxina web da Biblioteca do colexio para disfrute de todo o mundo!

Ánimo, … e a poemar!

Deixovos, tamén, unha fermosísima canción de Uxia, acompañada de Tanxugueiras e Faia, que lle pon a música a un poema de Manuel María. #QueremosGalego #UxíaSenlle #AMadriña.

https://drive.google.com/file/d/19B4ghMTsmoR6i1no2TLOq8QUEK1HFiPh/view

ArRIMAr os lombos

 

Hoxe imos propoñervos unha actividade de creación. Trátase de arrimar o lombo, si, si, oístes ben o lombo! Pero non o voso, o dos libros!

Mirade a infografía que aquí vos deixamos e se non a vedes ben, picade aquí.  As instrucións son ben claras. Veña, arrimade os lombos!

23 de abril, Día do Libro. Versos e audioversos

Como ben sabedes, o 23 de abril celebramos o “Día do Libro” e desexamos participar con todos e todas vós nesta festa lectora. Recorremos á poesía porque nos gusta gozar dos poemas, mais hoxe compartimos só versos que nos falan do amor polos libros.

Antonio García Teijeiro o que neste vídeo recítanos un poema no  enlace.

Unha proposta a partir do vídeo co que nos agasallou o gran poeta Antonio García Teijeiro é utilizar este fermoso poema dedicado aos libros  para pedirvos, lectores e lectoras, que construades os vosos propios versos a partir dos que se repiten en cada unha das estrofas.

Libros pechados…

Libros abertos….

E continuamos coas nosas propostas para este día. Completade a nosa listaxe de poemas con outros textos poéticos ou con audios que falen de libros ou que recitedes este. Quen se anima?

E xa para rematar, pensastes algunha vez en definir o que é o libro? E a lectura? Non falamos de definicións de dicionario, claro, senón daquelas que transmiten as nosas emocións a través dos libros e das lecturas. Agora que chegamos ao 23 de abril, Día do Libro, podemos tentar dar con esa definición exacta, precisa, que tamén nos vai identificar a vós con ela.

8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora

 O día 8  de  marzo celébrase  o Día  Internacional  da  Muller  Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, no que  se  conmemora  a  loita  da  muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Ao longo da historia da humanidade as mulleres non tiveron doado incorporarse ás distintas áreas do coñecemento, polo que resulta imprescindible poñer en valor esas mulleres que, remando contra corrente, foron capaces de acadar as máis arduas metas, e así, canda elas, elevar ao resto do seu xénero. Seguindo o noso proxecto para este curso pegamos información sobre mulleres que tiveran algunha relación co medio ambiente (biólogas, antropólogas, oceanógrafas, ..  , etc, todas elas galegas e pioneiras, .

O pase de diapositivas require JavaScript.

Escritura creativa a partir dun conto clásico

Na vida en xeral, e ao longo da historia en particular, vemos que as cousas se repiten: as guerras, as crises financeiras, as historias de amor, a estrutura do ADN… Os contos populares tamén porque se escriben unha e outra vez, cóntanse sen cesar e reescríbense, aínda que non sempre se respecta a versión orixinal; de feito, ás veces nin sequera sábese cal é a primeira versión dun conto.

A actividade descrita trata de reescribir “contos clásicos” pero nunha versión dixital, un conto que foi escrito e narrado ao longo da historia por innumerables persoas. Neste caso, o exercicio foi levado a cabo con alumnos de 6º de Primaria. Nas sesións utilízanse diferentes metodoloxías aínda que o traballo en grupo cooperativo é indispensable.

Previamente débese traballar a tipoloxía textual empregada nas aplicacións de mensaxería e nas narracións. Pódense permitir abreviacións pero non faltas de ortografía ou morfosintácticas.

Por grupos, realizarán unha choiva de ideas sobre como se desenvolverá a súa historia, cales serán os personaxes que aparecerán, onde ocorrerá, que pasará… A escritura debe ser un proceso reflexionado. Unha vez teñan claro que facer, procederán á redacción das mensaxes, a creación dos emoticonos ou o deseño do dispositivo móbil.

Finalmente, os diferentes grupos expoñerán ao resto da clase a versión do conto creada. Farase énfase na dramatización da historia, a entoación, os emoticonos, as onomatopeyas ou ao narrador, entre outros. Contarán un conto, pero doutra maneira.

Un mundo de contos

Actividade de animación lectora destinada ao alumnado de 3º de primaria e que ten como obxectivo o fomento do hábito lector en familia. Para esta actividade escolleurse a colección “Un mundo de cuentos”. Son 8 historias que nos permiten coñecer as formas de entender os contos en diferentes partes do mundo e, así, aprender a respectar a riqueza cultural e literaria do noso planeta viaxando dun xeito marabilloso a outros países.

O Homiño de Papel. Día da Paz

O homiño de papel de periódico só ten escrito traxedias e catástrofes, os nenos cando o escoitan póñense moi tristes…ocórreselle meterse na lavadora e sae branquiño coma a neve…

O pase de diapositivas require JavaScript.

…os nenos xogan con el, pero cando lles quere contar cousas non ten nada escrito, está valeiro de todo e da súa boca non sae nin media palabra….

O homiño vai polo campo e pola natureza do arredor e empápase de cores, flores e palabras bonitas, énchese de ledicia porque ve aos nenos cheos de alegría tamén. Dende ese día fai chover polo mundo ilusión e paz…

Entrega de premios as gañadores/as dos diferentes concursos promovidos pola Biblioteca

Fotos correspondentes á entrega dos premios aos gañadores e gañadoras dos concursos celebrados no colexio durante o primeiro trimestre: Concurso “Naturalízate” e Concurso de Postais de Nadal Este ano houbo estupendos traballos e por iso, tamén, hai moitos máis agasallos.

Noraboa a todas e todos polos excelentes traballos presentados!

Grazas ás familias pola súa constante colaboración e cooperación.

A Ecopanda e os misterios do Románico. Semana escolar do Camiño de Santiago

Participamos nunha iniciativa proposta pola xunta, Xacobeo 2021, na que a través da lectura do Conto “ A ecopanda e o misterio do románico” achegamos ao alumnado a un coñecemento máis profundo da  ruta francesa do camiño de Santiago

Recibimos os contos no mes de novembro, Un para cada alumno e a proposta de traballar con él a última semana de novembro.

Na semana do 25 ao 28 de novembro realizamos a lectura de forma colectiva nas horas de ler. Reflexionamos sobre a historia e fomos máis aló  realizando traballos de investigación na hora de Plan lector e de sociais acerca do Xacobeo e a ruta francesa.

Fixemos un mural no que plasmamos a ruta francesa, algunhas paradas importantes, que aparecen no conto, investigando sobre documentos como o significado do xacobeo, “o  Códice Calixtino”, as frechas amárelas, pezas valiosas como a “Arqueta de Leyre”, “o capitel dos cisnes”,  “A Estatua de San Martiño de Tours” ou monumentos como a Catedral de León,  a de Burgos  ou  a de Santiago.

En papel continuo trazamos a ruta do camiño francés. Despois fomos fiando a historia dos investigadores da Ecopanda, e plasmando as nosas investigacións.

O pase de diapositivas require JavaScript.

25 DE NOVEMBRO: Día Mundial contra a Violencia de Xénero

No centro educativo a través un mural que plasma dun xeito moi visual o noso rexeitamento como centro en contra da violencia exercida contra as mulleres e, no patio, en colaboración coa ANPA celebramos este día agardando que estas iniciativas sirvan para concienciar sobre a necesidade de eliminar os ataques que sofren as muleres en todo o mundo, simplemente polo feito de ser mulleres. (Ver Facebook)

Ademáis o alumnado de 6º confeccionou unhas grúas en papiroplexia que agora adornan o corredor principal do centro. A grúas son seres máxicos que se gañan un espazo místico nas sociedades orientais, regalando esperanza, forza, fidelidade e cunha particular beleza. Esperemos que o perigo de extinción ao cal se enfronta actualmente esta fermosa ave, non sexa o vaticinio de que os valores que ela representa tamén estean a piques de desaparecer entre nós.

Para coñecer sobre a súa historia podedes ler a fermosa lenda de Sadako e as mil grullas de papel”. Merece a pena!