Propostas de lecturas. #euquedolendonacasa

Propostas de lectura

Para 4-6 anos:

  • Nube branca quere ser astronauta, de Pablo Nogueira e Manuel Uhía (ilustracións).
    Disfrázate, sopra, canta e salta con esta sinxela historia de superación, solidariedade e empatía, que che axudará a mellorar a pronunciación. DESCARGA.
  • Un día de treboada, de María de Mata e Mariana Riestra (ilustracións). DESCARGA.
    Por que non pode unha muller ser tractorista? Falamos de igualdade, sempre a ter en conta.
  • O dragón comemedoRuAn (texto e ilustracións). DESCARGA.
    Este conto pode axudar a superar os medos a pequenas e pequenos, nun momento en que senten que algo estraño está a pasar, sen poder saír da casa.

Para 7-8 anos:

Para 9-10 anos:

  • Boa sorte, de María SolarArturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións). DESCARGA.
    Boa sorte tiña moi mala sorte. O primeiro que fixo foi nacer e xa non lle saíu ben, pois naceu de cu. Ciencia e aventura nunha única obra con divertidos experimentos.
  • MokoCristina Sáez Cazallas e Fernando Juárez (ilustracións). DESCARGA.
    Moko chegou ao noso planeta en 1998 para alertar os habitantes da Terra dos perigos da destrución da capa de ozono e vivir unha aventura inesquecible.

8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora

 O día 8  de  marzo celébrase  o Día  Internacional  da  Muller  Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, no que  se  conmemora  a  loita  da  muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Ao longo da historia da humanidade as mulleres non tiveron doado incorporarse ás distintas áreas do coñecemento, polo que resulta imprescindible poñer en valor esas mulleres que, remando contra corrente, foron capaces de acadar as máis arduas metas, e así, canda elas, elevar ao resto do seu xénero. Seguindo o noso proxecto para este curso pegamos información sobre mulleres que tiveran algunha relación co medio ambiente (biólogas, antropólogas, oceanógrafas, ..  , etc, todas elas galegas e pioneiras, .

O pase de diapositivas require JavaScript.

Visita de Rosa Aneiros á Biblioteca

O alumnado de 6º de primaria disfrutou da conversa que mantivo coa autora do libro que leeran ao longo deste primeiro trimestre de curso: “Xelís, o guieiro das botellas de mar”, libro moi apegado á actualidade xa que a loita pola supervivencia do planeta xoga un papel fundamental.

O seu protagonista é Xelís, un neno que forma parte dos Gueiros da Natureza na illa de Otilc, responsables da protección do seu entorno. A súa misión semella pequena, pois é o responsable de guiar as botellas con mensaxe que recalan nas costas da illa para facelas chegar aos seus destinatarios. Pero un día recolle unha estraña botella de cristal cunha mensaxe dirixida a el e que fala da existencia dunha xigantesca illa de lixo que navega á deriva e ameaza con engulilo todo. Xelís, xunto co mascato Mult, inician así unha aventura que os levará ata os confíns do mundo na que a loita pola supervivencia do planeta xoga un papel fundamental.

A desbordante fantasía que exhibe Rosa Aneiros á hora de argallar esta historia é un dos elementos máis salientables desta obra. Máis a autora que nos ocupa emprega unha linguaxe suficientemente clara como para que poida ser seguida sen problemas polos nenos e nenas, ao tempo que dabondo elaborada como para albergar recursos literarios que poidan incitar á rapazada a seguir por ese camiño e a afeccionarse, como digo, ao pracer da lectura, algo que me parece enormemente meritorio dados os tempos que corre

O pase de diapositivas require JavaScript.

n.

Escritura creativa a partir dun conto clásico

Na vida en xeral, e ao longo da historia en particular, vemos que as cousas se repiten: as guerras, as crises financeiras, as historias de amor, a estrutura do ADN… Os contos populares tamén porque se escriben unha e outra vez, cóntanse sen cesar e reescríbense, aínda que non sempre se respecta a versión orixinal; de feito, ás veces nin sequera sábese cal é a primeira versión dun conto.

A actividade descrita trata de reescribir “contos clásicos” pero nunha versión dixital, un conto que foi escrito e narrado ao longo da historia por innumerables persoas. Neste caso, o exercicio foi levado a cabo con alumnos de 6º de Primaria. Nas sesións utilízanse diferentes metodoloxías aínda que o traballo en grupo cooperativo é indispensable.

Previamente débese traballar a tipoloxía textual empregada nas aplicacións de mensaxería e nas narracións. Pódense permitir abreviacións pero non faltas de ortografía ou morfosintácticas.

Por grupos, realizarán unha choiva de ideas sobre como se desenvolverá a súa historia, cales serán os personaxes que aparecerán, onde ocorrerá, que pasará… A escritura debe ser un proceso reflexionado. Unha vez teñan claro que facer, procederán á redacción das mensaxes, a creación dos emoticonos ou o deseño do dispositivo móbil.

Finalmente, os diferentes grupos expoñerán ao resto da clase a versión do conto creada. Farase énfase na dramatización da historia, a entoación, os emoticonos, as onomatopeyas ou ao narrador, entre outros. Contarán un conto, pero doutra maneira.