ArRIMAr os lombos

 

Hoxe imos propoñervos unha actividade de creación. Trátase de arrimar o lombo, si, si, oístes ben o lombo! Pero non o voso, o dos libros!

Mirade a infografía que aquí vos deixamos e se non a vedes ben, picade aquí.  As instrucións son ben claras. Veña, arrimade os lombos!

23 de abril, Día do Libro. Versos e audioversos

Como ben sabedes, o 23 de abril celebramos o “Día do Libro” e desexamos participar con todos e todas vós nesta festa lectora. Recorremos á poesía porque nos gusta gozar dos poemas, mais hoxe compartimos só versos que nos falan do amor polos libros.

Antonio García Teijeiro o que neste vídeo recítanos un poema no  enlace.

Unha proposta a partir do vídeo co que nos agasallou o gran poeta Antonio García Teijeiro é utilizar este fermoso poema dedicado aos libros  para pedirvos, lectores e lectoras, que construades os vosos propios versos a partir dos que se repiten en cada unha das estrofas.

Libros pechados…

Libros abertos….

E continuamos coas nosas propostas para este día. Completade a nosa listaxe de poemas con outros textos poéticos ou con audios que falen de libros ou que recitedes este. Quen se anima?

E xa para rematar, pensastes algunha vez en definir o que é o libro? E a lectura? Non falamos de definicións de dicionario, claro, senón daquelas que transmiten as nosas emocións a través dos libros e das lecturas. Agora que chegamos ao 23 de abril, Día do Libro, podemos tentar dar con esa definición exacta, precisa, que tamén nos vai identificar a vós con ela.

Apadriñamento lector

Rematamos o curso cunha das actividades máis fermosas e emocionantes que se levan a cabo no centro :O apadriñamento lector. Novamente, os libros e a lectura invadiron o patio do recreo. A ilusión, a emoción e a alegría da festa de compartir historias van máis alá da propia experiencia lectora. Quizais estes factores emocionais que envolven o ambiente crean un pouso nas mentes e nos corazóns que consiguen que cada ano todo o alumnado agarde con impaciencia revivir tantos sentimentos provocados polas palabras dun libro lidas con moito agarimo. Como é habitual, durante os días anteriores fixéronse os preparativos: escoller os contos na biblioteca, preparar a lectura e visitar as aulas dos “afillados/as” para facer os sorteos e as presentacións. Cando chegou o día todos acudiron á cita, sabedores de que a “hora de ler” deste día ía ser moi especial. Por fin, á hora prevista reuníronse no patio enchendo de maxia todos os seus currunchos…mentres os nenos e nenas buscaban un lugar onde sentarse comodamente. Pouco despois, os libros abríanse e voaban as palabras, que provocaban conversas, sorrisos e mesmo apertas e aloumiños. Ao finalizar o tempo de lectura, padriños, madriñas e afillad@s intercambiaron agasallos como lembranza dese momento tan especial e como expresión do desexo de repetir a experiencia en cursos vindeiros.

Mes dos libros

Para rematar este mes de libros e lecturas, os alumnos e alumnas de 6º Curso representaron varias obras de teatro para o alumnado de Infantil, 1º e 2º de primaria baseadas nos contos: “Vellinas” “Pinoquio” “A pota que trota” “ As tres princesas pálidas” “ O ladrón de palabras” e “ O lobo e os sete cabritos” coas que fixeron as ledicias dos nenos/as. Ao final da representación e para maior diversión inventaron xogos e actividades relacionadas cos contos.

Visita de Marica Campo

O día 26 de abril veu falar con nós a autora, Marica Campo, autora do libro que xa tiñamos lido, Unha misión para Clara”.  Contounos moitas cousas sobre a obra …. Marica tamén nos contou a súa historia como escritora: cando empezou a escribir, cantos libros escribiu, os diferentes tipos de obras que fixo, etc. Falaba dun xeito ameno e moi próximo, por iso foi divertido e ademais aprendeunos outras moitas cousas do noso marabilloso país.

APADRIÑAMENTO LECTOR 2018

Rematamos o mes dos libros cunha das actividades máis fermosas e emocionantes que se levan a cabo no centro un día de abril desde hai varios anos: O apadriñamento lector. Novamente, os libros e a lectura invadiron o noso cole. A ilusión, a emoción e a alegría da festa de compartir historias van máis alá da propia experiencia lectora. Quizais estes factores emocionales que envolven o ambiente crean un pouso nas mentes e nos corazóns que consiguen que cada ano todo o alumnado agarde con impaciencia revivir tantos sentimentos provocados polas palabras dun libro lidas con moito agarimo. Como é habitual, durante os días anteriores fixéronse os preparativos: escoller os contos na biblioteca, preparar a lectura e visitar as aulas dos “afillados/as” para facer as presentacións. Cando chegou o día todos acudiron á cita, sabedores de que a “hora de ler” deste día ía ser moi especial. Por fin, á hora prevista, reuníronse na biblioteca enchendo de maxia todos os seus currunchos…  Pouco despois, os libros abríanse e voaban as palabras, que provocaban conversas, sorrisos e mesmo apertas e aloumiños. Ao finalizar o tempo de lectura, padriños, madriñas e afillad@s intercambiaron agasallos como lembranza dese momento tan especial e como expresión do desexo de repetir a experiencia en cursos vindeiros.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Animación á lectura: A pior princesa do mundo

Image result for unha princesa do pior As princesas son doncelas en perigo que, despois de rutineiramente rescatadas polo Príncipe Encantado, viven felices para sempre nun castelo pomposo con seus vestidos luxosos, correcto? Errado! Nunha época en que as mulleres se fan ouvir cada vez máis alto, nada mellor do que desconstruir estereotipos desde a infancia cos libros, sempre eles. No libro “A peor princesa do mundo” a autora Anna Kemp deixa claro para quen aínda non entendeu: o lugar de princesa é onde ela quera. A historia xira en torno a Soninha, unha princesa que pasou a vida esperando que o Príncipe Encantado chegase para salvala de súa vida tediosa. Un día el finalmente chega! E Soninha pensa que súa xornada de aventuras en fin vai comezar. Mais en vez de levala xunto con el para súas batallas e diversións, o príncipe pensa que ela precisa ficar trancafiada no castelo… “Eu uso armadura, vostede usa vestido. Escolla un: seu armario está sortido. Sorría moi, manteña a rotina. Loitar con dragón non é cousa de meniña”, di a figura. Mais nosa brava Soninha non é nada boba. Coñece un novo amigo e vivirá as súas aventuras e será feliz do seu propio xeito.
Este é o libro que foi escollido por un grupo de nais do noso centro para facer unha pequena representación teatral para os nenos e nenas de 2º curso de primaria e de educación infantil. Os alumnos desfrutaron moitísimo do espectáculo e aplaudiron a rabiar o estupendo traballo realizado.
Grazas a estas voluntariosas nais pola colaboración!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Animación á lectura

Dentro das actividades que organiza o centro con motivo do Día do Libro procuramos sempre ter algunha actividade de animación lectora. Nesta ocasión tivemos unha sesión para todo o alumnado de primaria. En concreto, a encargada da actividade programade faloulles e contoulles a historia da existencia dunha biblioteca secreta. 

A biblioteca secreta de Darayya, en Damasco, capital de Siria é un exemplo de como en tempos de guerra, o ser humano é capaz de atopar un momento de paz e de esperanza mergullándose nas páxinas dun libro. A existencia desta biblioteca con máis de 14.000 fondos, enterrada nos subterráneos dun edificio bombardeado de Darayya serviunos para que os alumnos primaria reflexionen sobre o horror da guerra e o valor da lectura en momentos extremos como vehículo de salvación.

O pase de diapositivas require JavaScript.