Día do Libro 2017: apadriñamento lector 1

Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro e dos Dereitos de Autor, a biblioteca do centro convocou unha nova edición da actividade de apadriñamento lector que, xunto con outras propostas, servirá para incidir na importancia dos libros e da lectura para a formación das persoas, ampliando horizontes de coñecemento do mundo e de nós mesmos. Como cada ano, o alumnado do centro mergúllase na busca de historias, preparación de lecturas, elaboración de tarxetas lectoras… Unha morea de tarefas ateigadas de ilusión.

CARNÉ APADRIÑAMENTOS LECTORES