Benvid@s ao curso 18/19

Xa estamos de volta, con forzas renovadas, con moita ilusión, con novas ideas e proxectos.. O 12 de setembro o cole abriu as súas portas para recibir a todos os nenos e nenas que durante este curso van aprender, compartir e disfrutar xunt@s. As aulas, os profes e, por suposto, a Biblioteca estábannos agardando. Traemos moitas novidades e esperamos impacientes as vosas visitas. Para ir abrindo boca, temos a primeira encomenda relacionada co noso PDI deste curso sobre o Patrimonio. Como actividade inicial propón a todas as familias participar coas súas creacións na exposición da biblioteca “Patrimóniate: recurso do pasado, legado para o futuro”. Terán que ilustrar este lema utilizando calquera material e soporte engandindo, como é habitual, toda a súa orixinalidade e imaxinación. Os traballos deberán ser entregados antes do 15 de outubro. Xa estamos desexando gozar das vosas fantásticas creacións.

ÁNIMO E A PARTICIPAR!!!!