Un mundo de contos

Actividade de animación lectora destinada ao alumnado de 3º de primaria e que ten como obxectivo o fomento do hábito lector en familia. Para esta actividade escolleurse a colección “Un mundo de cuentos”. Son 8 historias que nos permiten coñecer as formas de entender os contos en diferentes partes do mundo e, así, aprender a respectar a riqueza cultural e literaria do noso planeta viaxando dun xeito marabilloso a outros países.

24 de febreiro, Día de Rosalía

O 24 de febreiro está recollido no Calendario do Libro e da Lectura, publicado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, como o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, a poeta de referencia da literatura galega. Son moitas as institucións que se suman desde hai anos a esta celebración do DÍA DE ROSALÍA e, na nosa Biblioteca aproveitamos para dar a coñecer ao alumnado os poemas, a vida e o significado desta gran autora.

Compartimos as palabras do autor homenaxeado no Día das Letras Galegas deste 2020, Ricardo Carvalho Calero, sobre a nosa poeta, a quen dedicou gran parte do seu rigoroso traballo crítico: “A realidade rosaliana é particularmente complexa -mesmo, a nível superficial, contraditória, ainda que, a nível profundo, se conciliem as contradiçons na raiz unitária da singularidade pessoal de Rosalia. […] Enfim, Rosalia é umha rosa de cem folhas.”

Un ano máis, volvemos colaborar coa Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) baixo o lema #Errantes polo mundo.

Plan Proxecta. Proxecto Terra 2019 – 2020

Dentro do Plan Proxecta 2019/2020 e en colaboración coa Axencia da Protección da Legalidade Urbanística (APLU), para o alumnado de 3º e 4º de primaria e, para o alumnado de Educación Infantil, tivemos a actividade denominada: “Eu son inspector@ urbanístic@. Coida do territorio. Coida do teu”.

O obxectivo principal da actividade é sensibilizar, concienciar, divulgar e formar ao alumnado en relación ao medio e a intervención e ordenación do noso territorio. Comprender a complexidade do territorio e da paisaxe e aprender dos elementos que a compoñen é fundamental para que as sociedades actual e futura realicen un uso responsable e sustentable do territorio.

Ver Fotos da actividade.

O Homiño de Papel. Día da Paz

O homiño de papel de periódico só ten escrito traxedias e catástrofes, os nenos cando o escoitan póñense moi tristes…ocórreselle meterse na lavadora e sae branquiño coma a neve…

O pase de diapositivas require JavaScript.

…os nenos xogan con el, pero cando lles quere contar cousas non ten nada escrito, está valeiro de todo e da súa boca non sae nin media palabra….

O homiño vai polo campo e pola natureza do arredor e empápase de cores, flores e palabras bonitas, énchese de ledicia porque ve aos nenos cheos de alegría tamén. Dende ese día fai chover polo mundo ilusión e paz…