KAMISHIBAI sobre A Galiña azul de Carlos Casares

Os alumn@s de 5º B realizaron durante todo o mes de abril e maio un traballo moi laborioso consistente en reproducir en láminas (fixeron os debuxos, colorearon e adaptaron o texto) a obra de Carlos Casares, A GALIÑA AZUL. Empregaron a técnica da acuarela e imaxinaron e debuxaron cada unha das esceas do libro para, logo, contalo, aos nenos e nenas dos cursos de E. Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria. Empregaron varios exemplares mercados pola Biblioteca para homenaxear ao autor e, logo de lelos, moi detidamente, foron capaces de resumilo nas esceas que aparecen no Kamishibai.

UN ESTUPENDO TRABALLO!!

Kamishibai, en xaponés, quere dicir teatro de papel. É unha forma de contar contos moi popular en Xapón. Adoita estar dirixido a nenas e nenos pequenos que van gozar del en grupo. Tamén é utilizado como recurso didáctico. Está formado por un conxunto de láminas que ten un debuxo nunha cara e texto na outra. O seu contido, xeralmente en forma narrativa, pode referirse a un conto ou a algún contido de aprendizaxe. Como o texto está na parte posterior das láminas o kamishibai sempre necesita un presentador ou intérprete que lea o texto mentres os espectadores contemplan os debuxos. A lectura do kamishibai realízase colocando as láminas en orde sobre un soporte, teatrillo de tres portas que se chama “butai”, de fronte ao auditorio, e deslizando as láminas unha tras outra mentres se le o texto.

APADRIÑAMENTO LECTOR 2017

Por fin chegou o tan agardado día do Apadriñamento lector, unha das actividades más apreciadas polo alumnado do centro. O APADRIÑAMENTO LECTOR é unha experiencia posta en marcha para o fomento da lectura que leva outras aprendizaxes significativas tanto ou máis importantes que as pretendidas inicialmente, a partir das emocións que xorden da cooperación entre grandes e pequenos. Con esta actividade créanse ligazóns afectivas que a ningún dos protagonistas vai deixar indiferente.
Consiste en que o alumnado de cursos superiores (de 4º a 6º) sexan padriños /madriñas do alumnado de cursos inferiores (dende infantil 3 anos ata 2º nivel) para compartir momentos de lectura. Con estas sinxelas premisas levamos a cabo o Apadriñamento lector para celebrar o Día Mundial do Libro e, como todos os anos, TIVO MOITO ÉXITO!!!  Os padriños e as madriñas seleccionan e preparan na casa e na escola todos os aspectos relacionados co texto e coa súa lectura (expresión, entoación, linguaxe corporal, etc).  Resumindo, a través desta actividade, que une a alumnos de diferentes idades nun mesmo proxecto, animamos de forma sinxela á lectura favorecendo a comunicación e potenciando a adquisición e consolidación das habilidades lingüísticas e sociais.

Chegada a hora as madriñas, padriños e afillad@s reuníronse e buscan un lugar onde acomodarse.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Charla sobre o Mel de Galicia na Biblioteca

O Consello Regulador da IXP Mel de Galicia e a Agrupación Apícola de Galicia, achegaron ao alumnado o mundo da apicultura e os beneficios que nos achegan as abellas. Ademais, participaron nunha degustación comentada. O alumnado de 2º e 4º de primaria participaron nunha charla sobre o mel realizada na Biblioteca do centro.

Na primeira parte da charla os nenos e nenas escoitaron as explicación sobre os elementos que se precisan para facer o mel, os distintos tipos de abellas que hai, as flores nas que poden recoller o polen, as partes dunha colmena, os aparellos e a vestimenta do apicultor e o proceso de recollida do mel. Unha presentación de imaxes axudou a ilustrar os contidos explicados.

De seguido os rapaces e rapazas resolveron as súas dúbidas sobre as abellas e o mel facendo as súas preguntas.

A última parte da actividade foi unha cata de mel, na que os nenos e nenas viron, uliron e probaron un pouco de mel. Finalmente, antes de dar por rematada a charla recibiron uns agasallos consistentes nuns tarriños de mel e uns globos có logotipo de “Mel de Galicia”. Foi unha charla moi, moi golosa!!!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Visitamos a Feira do libro de Lugo

Image result for feria do libro lugoOs alumnos e alumnas de 5º e 6º de Educación Infantil e os de 3º, 5º e 6º de primaria visitamos a Feira do Libro de Lugo.

Paseamos polos distintos stands da librarías onde nos recomendaros diferentes lecturas adaptadas a cada ciclo ou nivel.

  Estas visitas enmárcanse dentro da campaña de Fomento da Lectura que levamos dende a Biblioteca escolar xa que, é moi importante que os nenos poidan visitar a feira, porque emoitas ocasións non teñen acceso aos libros nas súas casas, só os que posúe a biblioteca da escola,pero eles aínda non teñen a visión de saber que libros existen que eles poidan ler, para instruírse e aprender máis. En fronte ao concello, estaban dispostas diversas casetas con libreiros e libreiras que nos contaron algunha curiosidade dos libros, albumes e contos, moitos moitos contos, que vendían.

O pase de diapositivas require JavaScript.

“Escola de prensa El Progreso”

Os alumn@s de 5º e 6º de primaria colaboraron este curso coa Escola de Prensa do Grupo El Progreso. O concurso está dirixido a fomentar o coñecemento da prensa e dos medios de comunicación entre os escolares de terceiro ciclo de Primaria e dos catro cursos de Eso dos colexios e institutos da provincia de Lugo. Durante varios meses traballaron na elaboración dun xornal de 32 páxinas, coas ferramentas que lles facilitou El Progreso, no que tanto hai reportaxes e noticias do noso colexio como traballos xornalísticos elaborados por eles mesmos. Foi un traballo complicado e moi laborioso pero, ao final, os nosos xornais están xa listos, entregados e, agora, só nos queda esperar o dictame dun xurado que valorará a calidade, o deseño e a orixinalidade dos xornais e outorgará varios premios.

Se picades no enlace podedes ver algún dos xornais xa rematados.

XORNAL eL PROGRESO de 5º B

ExPoSiCión itiNeRaNTe SoBRe oS ODS (obxectivos de desenvolvemento sostible)

Tal e como lembra UNESCO no seu vídeo explicativo: “Miles de millóns de persoas viven na pobreza, a metade da poboación mundial segue tendo menos dereitos e posibilidades polo simple feito de ser muller, aínda non están asegurados todos os dereitos humanos para todas as persoas, seguen aumentando as desigualdades entre cidadáns ricos e pobres entre uns países e outros, sufrimos altos índices de contaminación e perdida de biodiversidade, temos un modelo de vida que non respecta limítelos biofísicos do planeta …”. Estes son só algúns dos problemas aos que, como cidadanía global, temos que poñer solución.

A Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas (IFLA) considera que o feito de incrementar o acceso á información e o coñecemento na sociedade coa axuda das tecnoloxías da información e as comunicacións, promove o desenvolvemento sustentable e mellora a vida das persoas. As bibliotecas son entendidas desde esta óptica como institucións fundamentais para colaborar no cumprimento destes obxectivos. Por iso, dende a Biblioteca do centro solicitamos dita exposición que permaneceu, aproximadamente, dúas semanas nos corredores do noso colexio. Así,  a través dos paneis e de materiais de xogo, xunto con fondos bibliográficos diversos, achegados pola Oficina de Cooperación ao Desenvolvemento, tentamos sensibilizar á comunidade escolar sobre os obxectivos comúns que afectan a todas as persoas ao longo e ancho do planeta e que han de ser interiorizados e cumpridos por todas.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Héctor Lorenzo na Biblioteca

No mes das nosas letras quixemos contar na Biblioteca con Héctor Lorenzo. Este marabilloso músico veunos presentar un traballo moi fermoso chamado “Cousas de papá”. Este libro de poemas, escritos por Raúl Gómez Pato e ilustrados por Blanca Barrio, foron musicados polo noso invitado desta mañá.
Esta é a historia dun pai e dunha nena… Non, mellor non… Esta é a historia dun pai e dun neno… Tampouco… Esta non é ningunha historia. “Cousas de papá” é un libro de poemas escritos por un pai algo tolo e moi divertido, que viaxa en vasoira, constrúe hidroavións de papel, escorrenta os pesadelos e domina á perfección a linguaxe da fantasía. Das dezasete composicións que conforman o poemario, dez están musicadas por Héctor Lorenzo no CD que acompaña o libro. Música e poesía para xogar cos versos.
Pasámolo moi ben esta mañá, a través da música e da poesía, xogando cos versos, escoitando a Héctor… Moitísimas grazas por vir, por cantarnos tan bonito e por tratarnos con tanto cariño!!!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Contacontos

 Dentro das actividades previstas para o PDI deste curso figura á animación lectora compartida coas familias dos nosos alumnos e alumnas.Image result for carabuñas

Por iso, acudiu á nosa biblioteca unha nai de primeiro de primaria, Natalia,  para compartir con todos os nenos e nenas este conto que relata a historia dunha gran amizade entre un bruxo que

caza nenos para a súa despensa e a que ía ser a súa próxima vítima. Con todo, a intelixencia da pequena Branca evitará que Camuñas engúlaa. Ademais, propiciará que a vida deste personaxe que nunca se cortaba as uñas, dea un xiro de 180 graos.

Grazas a Natalia por colaborar con nós e polo agasallo tan fermoso que nos deixou!

O pase de diapositivas require JavaScript.