A Ecopanda e os misterios do Románico. Semana escolar do Camiño de Santiago

Participamos nunha iniciativa proposta pola xunta, Xacobeo 2021, na que a través da lectura do Conto “ A ecopanda e o misterio do románico” achegamos ao alumnado a un coñecemento máis profundo da  ruta francesa do camiño de Santiago

Recibimos os contos no mes de novembro, Un para cada alumno e a proposta de traballar con él a última semana de novembro.

Na semana do 25 ao 28 de novembro realizamos a lectura de forma colectiva nas horas de ler. Reflexionamos sobre a historia e fomos máis aló  realizando traballos de investigación na hora de Plan lector e de sociais acerca do Xacobeo e a ruta francesa.

Fixemos un mural no que plasmamos a ruta francesa, algunhas paradas importantes, que aparecen no conto, investigando sobre documentos como o significado do xacobeo, “o  Códice Calixtino”, as frechas amárelas, pezas valiosas como a “Arqueta de Leyre”, “o capitel dos cisnes”,  “A Estatua de San Martiño de Tours” ou monumentos como a Catedral de León,  a de Burgos  ou  a de Santiago.

En papel continuo trazamos a ruta do camiño francés. Despois fomos fiando a historia dos investigadores da Ecopanda, e plasmando as nosas investigacións.

O pase de diapositivas require JavaScript.

25 DE NOVEMBRO: Día Mundial contra a Violencia de Xénero

No centro educativo a través un mural que plasma dun xeito moi visual o noso rexeitamento como centro en contra da violencia exercida contra as mulleres e, no patio, en colaboración coa ANPA celebramos este día agardando que estas iniciativas sirvan para concienciar sobre a necesidade de eliminar os ataques que sofren as muleres en todo o mundo, simplemente polo feito de ser mulleres. (Ver Facebook)

Ademáis o alumnado de 6º confeccionou unhas grúas en papiroplexia que agora adornan o corredor principal do centro. A grúas son seres máxicos que se gañan un espazo místico nas sociedades orientais, regalando esperanza, forza, fidelidade e cunha particular beleza. Esperemos que o perigo de extinción ao cal se enfronta actualmente esta fermosa ave, non sexa o vaticinio de que os valores que ela representa tamén estean a piques de desaparecer entre nós.

Para coñecer sobre a súa historia podedes ler a fermosa lenda de Sadako e as mil grullas de papel”. Merece a pena!

 

Dez libros (verdes) que non só divirten

De «Capitán Verdemán» a «Os Gulinos»: dez libros (verdes) que non só divirten Unha das mellores maneiras para que os nen@s tomen conciencia ambiental é a través da lectura, un hábito que ensina de forma lúdica a importancia de reciclar ou aforrar enerxía. Unha tendencia literaria, cos seus propios superheroes, que, ademais, crece. Inculcar ou reforzar os valores do respecto ao medio ambiente entre os niñ@ s é unha garantía de que cando sexan maiores terano presente. Ell@ s son o futuro e o futuro tamén depende de ell@s. Educar aos máis pequenos como cidadáns responsables é, ademais, máis sinxelo do que pensa se se predica co exemplo e explícase con conceptos asimilables. Estas son algunhas das publicacións que axudan a conseguilo:

Novembro: mes da ciencia en galego nas Bibliotecas Escolares

Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai oito anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

A Asemblea Xeral da ONU decidiu declarar 2019 Ano Internacional da Táboa Periódica. De acordo con isto,  Igaciencia (Institución Galega de Ciencia) propón dedicarlle o Mes da Ciencia aos científicos Dmitri Mendeleiev, químico ruso que deseñou a táboa periódica, e Luis Liz Marzán,químico lucense experto en nanopartículas que recibiu en 2018 o Premio Nacional de Investigación.

Por outra banda, por ser tamén para as Nacións Unidas o Ano Internacional das Linguas Indíxenas, Igacienia quere renderlle homenaxe tamén ao lingüista norteamericano Noam Chomsky e ao historiador galego , destacado galeguista do século XIX pioneiro en atribuírlle un papel central á lingua na definición da nosa identidade colectiva e autor dunha monumental Historia de Galicia en que se percibe o seu coñecemento da investigación histórica europea do momento, o estudo e análise das fontes documentais e a toma en consideración das achegas de diversas disciplinas como a lingüística, a arqueoloxía, a paleografía ou a epigrafía para o progreso do coñecemento histórico.