CREAMOS E RECREAMOS A POESÍA: Crear un video-poema a partir de un texto poético. O idioma é a chave coa que abrimos o mundo…

A poesía expresa fundamentalmente emociones pero non é a única forma artística que o fai. A música, a pintura, a fotografía…, todas as expresións artísticas, en xeral, utilízanse, en maior ou menor medida, para expresar sentimentos, emocións e en ocasións poden ser complementarias.

Neste apartado imos combinar varias formas de expresión e crear un vídeo-poema, é dicir como un vídeo- clip pero a partir dun poema. O poema (gravado oralmente) ira acompañado dunha música e unhas imaxes (fotografías, debuxos, vídeo…) que subliñen o sentido e a emoción do poema.

Cada UN/ UNHA escollerá un poema dun autor/a galeg@para render un homenaxe á Galicia e ao noso idioma, polo Día das Nosas Letras, 17 de maio. Unha vez que leamos e entendamos o contido do poema, deberemos buscar as imaxes e a música que nos parecen máis adecuados para acompañar ao poema e compoñer o vídeo-poema que debemos crear. A idea é que tanto as imaxes como a música que utilicemos axuden a subliñar as emocións que o poema quere expresar.

Os mellores videopoemas serán colgados na páxina web da Biblioteca do colexio para disfrute de todo o mundo!

Ánimo, … e a poemar!

Deixovos, tamén, unha fermosísima canción de Uxia, acompañada de Tanxugueiras e Faia, que lle pon a música a un poema de Manuel María. #QueremosGalego #UxíaSenlle #AMadriña.

https://drive.google.com/file/d/19B4ghMTsmoR6i1no2TLOq8QUEK1HFiPh/view

Contos do mundo

Hai moitas crianzas en todo o planeta cuxa cultura ten moitos trazos en común. A partir das nosas costas, contos e lendas cruzaron o Atlántico, e regresaron aos nosos lares achegas do novo continente. Galicia ten as súas raíces estendidas a ambos os lados deste océano, e isto fai que as nosas crianzas teñan un acervo cultural común que os une, e unhas culturas autóctonas que constitúen os valores de toda a humanidade, rica e diversa. É bo que todas elas coñezan historias que fixeron soñar a moitos dos seus antepasados. Tamén é bo que se poidan achegar a historias dos antepasados doutros nenos coma eles.escritas agora en galego para que todos as entendan. Por que non recoller algúns destes antigos relatos nun libro de contos destinado ás crianzas de hoxe? Parecía unha boa idea e decidiuse levala a cabo. Podedes lelos nesta ligazón.

23 de abril, Día do Libro. Versos e audioversos

Como ben sabedes, o 23 de abril celebramos o “Día do Libro” e desexamos participar con todos e todas vós nesta festa lectora. Recorremos á poesía porque nos gusta gozar dos poemas, mais hoxe compartimos só versos que nos falan do amor polos libros.

Antonio García Teijeiro o que neste vídeo recítanos un poema no  enlace.

Unha proposta a partir do vídeo co que nos agasallou o gran poeta Antonio García Teijeiro é utilizar este fermoso poema dedicado aos libros  para pedirvos, lectores e lectoras, que construades os vosos propios versos a partir dos que se repiten en cada unha das estrofas.

Libros pechados…

Libros abertos….

E continuamos coas nosas propostas para este día. Completade a nosa listaxe de poemas con outros textos poéticos ou con audios que falen de libros ou que recitedes este. Quen se anima?

E xa para rematar, pensastes algunha vez en definir o que é o libro? E a lectura? Non falamos de definicións de dicionario, claro, senón daquelas que transmiten as nosas emocións a través dos libros e das lecturas. Agora que chegamos ao 23 de abril, Día do Libro, podemos tentar dar con esa definición exacta, precisa, que tamén nos vai identificar a vós con ela.

8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora

 O día 8  de  marzo celébrase  o Día  Internacional  da  Muller  Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, no que  se  conmemora  a  loita  da  muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa. Ao longo da historia da humanidade as mulleres non tiveron doado incorporarse ás distintas áreas do coñecemento, polo que resulta imprescindible poñer en valor esas mulleres que, remando contra corrente, foron capaces de acadar as máis arduas metas, e así, canda elas, elevar ao resto do seu xénero. Seguindo o noso proxecto para este curso pegamos información sobre mulleres que tiveran algunha relación co medio ambiente (biólogas, antropólogas, oceanógrafas, ..  , etc, todas elas galegas e pioneiras, .

O pase de diapositivas require JavaScript.

Visita de Rosa Aneiros á Biblioteca

O alumnado de 6º de primaria disfrutou da conversa que mantivo coa autora do libro que leeran ao longo deste primeiro trimestre de curso: “Xelís, o guieiro das botellas de mar”, libro moi apegado á actualidade xa que a loita pola supervivencia do planeta xoga un papel fundamental.

O seu protagonista é Xelís, un neno que forma parte dos Gueiros da Natureza na illa de Otilc, responsables da protección do seu entorno. A súa misión semella pequena, pois é o responsable de guiar as botellas con mensaxe que recalan nas costas da illa para facelas chegar aos seus destinatarios. Pero un día recolle unha estraña botella de cristal cunha mensaxe dirixida a el e que fala da existencia dunha xigantesca illa de lixo que navega á deriva e ameaza con engulilo todo. Xelís, xunto co mascato Mult, inician así unha aventura que os levará ata os confíns do mundo na que a loita pola supervivencia do planeta xoga un papel fundamental.

A desbordante fantasía que exhibe Rosa Aneiros á hora de argallar esta historia é un dos elementos máis salientables desta obra. Máis a autora que nos ocupa emprega unha linguaxe suficientemente clara como para que poida ser seguida sen problemas polos nenos e nenas, ao tempo que dabondo elaborada como para albergar recursos literarios que poidan incitar á rapazada a seguir por ese camiño e a afeccionarse, como digo, ao pracer da lectura, algo que me parece enormemente meritorio dados os tempos que corre

O pase de diapositivas require JavaScript.

n.

Escritura creativa a partir dun conto clásico

Na vida en xeral, e ao longo da historia en particular, vemos que as cousas se repiten: as guerras, as crises financeiras, as historias de amor, a estrutura do ADN… Os contos populares tamén porque se escriben unha e outra vez, cóntanse sen cesar e reescríbense, aínda que non sempre se respecta a versión orixinal; de feito, ás veces nin sequera sábese cal é a primeira versión dun conto.

A actividade descrita trata de reescribir “contos clásicos” pero nunha versión dixital, un conto que foi escrito e narrado ao longo da historia por innumerables persoas. Neste caso, o exercicio foi levado a cabo con alumnos de 6º de Primaria. Nas sesións utilízanse diferentes metodoloxías aínda que o traballo en grupo cooperativo é indispensable.

Previamente débese traballar a tipoloxía textual empregada nas aplicacións de mensaxería e nas narracións. Pódense permitir abreviacións pero non faltas de ortografía ou morfosintácticas.

Por grupos, realizarán unha choiva de ideas sobre como se desenvolverá a súa historia, cales serán os personaxes que aparecerán, onde ocorrerá, que pasará… A escritura debe ser un proceso reflexionado. Unha vez teñan claro que facer, procederán á redacción das mensaxes, a creación dos emoticonos ou o deseño do dispositivo móbil.

Finalmente, os diferentes grupos expoñerán ao resto da clase a versión do conto creada. Farase énfase na dramatización da historia, a entoación, os emoticonos, as onomatopeyas ou ao narrador, entre outros. Contarán un conto, pero doutra maneira.

Un mundo de contos

Actividade de animación lectora destinada ao alumnado de 3º de primaria e que ten como obxectivo o fomento do hábito lector en familia. Para esta actividade escolleurse a colección “Un mundo de cuentos”. Son 8 historias que nos permiten coñecer as formas de entender os contos en diferentes partes do mundo e, así, aprender a respectar a riqueza cultural e literaria do noso planeta viaxando dun xeito marabilloso a outros países.