
Animación á lectura: A pior princesa do mundo

Dentro das actividades que organiza o centro con motivo do Día do Libro procuramos sempre ter algunha actividade de animación lectora. Nesta ocasión tivemos unha sesión para todo o alumnado de primaria. En concreto, a encargada da actividade programade faloulles e contoulles a historia da existencia dunha biblioteca secreta.
A biblioteca secreta de Darayya, en Damasco, capital de Siria é un exemplo de como en tempos de guerra, o ser humano é capaz de atopar un momento de paz e de esperanza mergullándose nas páxinas dun libro. A existencia desta biblioteca con máis de 14.000 fondos, enterrada nos subterráneos dun edificio bombardeado de Darayya serviunos para que os alumnos primaria reflexionen sobre o horror da guerra e o valor da lectura en momentos extremos como vehículo de salvación.
¿Qué nos queda? A mí me quedan los libros. En sus páginas he aprendido casi todo lo que sé y he vivido mucho más que en mi propia vida. Cuando estaba triste, me han hecho reír, cuando estaba eufórica, me han bajado el volumen, cuando buscaba respuestas, me han obligado a hacerme preguntas, cuando me sentía sola, y rara, y estúpida, me han enseñado que otras personas, en otros tiempos, en otros lugares, se sintieron una vez exactamente igual que yo. Los libros, la última trinchera del conocimiento, del pensamiento, de la emoción y la dignidad, me han convertido en la mujer que soy. Lo recuerdo hoy porque desde ahora mismo hasta la noche del lunes, España se llenará de libros y será una fiesta. Aprovechen la oportunidad. Tardará un año entero en volver.
La columna de Almudena Grandes
La última trinchera
CADENA SER
O 23 de abril celébrase o Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor e desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edítase o díptico para conmemorar este día 23 de abril de 2018.
Acudiuse, como en anos anteriores a unha persoa referente da literatura galega actual, neste caso ao escritor, poeta e editor Fran Alonso, quen xenerosamente cedeu un texto para esta pequena peza de difusión do Día do Libro, centrándose nas posibilidades e nos efectos da lectura.
Ler en curto: Apetéceche ver un curto de animación? Cos seus personaxes aprenderás a descubrir a maxia que se esconde tras as páxinas dun libro.
Coma en anos anteriores, o Ibby (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil o día 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. A responsabilidade do cartel e o díptico deste ano 2018 correspondeulle a Letonia. Ten a autoría do texto a escritora letona Inese Zandere, poeta, editora e activista da promoción da lectura quen titula a súa mensaxe: Os libros fan grande o máis pequeno.
Pola súa parte, a imaxe do cartel é do ilustrador Reinis Petersons, recoñecido debuxante deste país báltico. Galix, Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, facilítanos a mensaxe, con tradución ao galego.