NATURALÍZATE: móvete polo teu futuro

O proxecto que temos este curso en marcha é sobre educación ambiental. Nesta etapa da vida das persoas céntranse as bases para unha cultura ambiental e un estilo de vida ecolóxico. Se queremos asegurar un mellor futuro ás xeracións vindeiras e maiores probabilidades de preservación do planeta, temos que formar as actitudes necesarias no aquí e o agora, tarefa na cal a escola primaria débese comprometer. Por iso, neste curso decidimos que o Proxecto Documental Integrado sexa “Naturalízate: móvete polo teu futuro” , e este é o lema do primeiro dos traballos que queremos compartir cos alumn@s, coas familias e, en resumo, con toda a comunidade educativa: realización dun cartaz, maqueta, diorama, mascota do proxecto … etc que ilustre o lema do noso proxecto.

Os traballos serán entregados antes do Día das Bibliotecas Escolares, día de apertura da nosa Biblioteca. Todos os traballos serán expostos nos corredores do centro educativo e difundidos a través do noso Facebook; ademais, os mellores recibirán un agasallo e pasarán a formar parte do noso centro como exposición.

Boa Sorte a tod@s!

Benvid@s curso 2019 – 2020

Ola, nenos, nenas e familias!  Xa estamos aquí un novo curso!!

A semana pasada voltamos ao noso cole con moita ilusión e algo nervios@s por atoparmos cos nosos compañeiros e compañeiras e cos profes e “profas”, para percorrer xunt@s unha andaina na que seguro teremos novas e fantásticas experiencias, coas que aprenderemos moito e gozaremos aínda máis.
Desde este recanto, o Claustro de profesores do noso centro quere darvos a benvida e desexarvos un estupendo 2019/2020. Eu agárdovos na biblioteca pois xa estou argallando cousas moi divertidas para vós. Teño algunhas ideas moi curiosas que vos encantarán, xa veredes!

Estade atent@s, axiña teredes noticias miñas!! Moitos bicos e FELIZ CURSO 2019/2020!!