Concurso do terceiro trimestre.

Neste terceiro trimestre imos facer, coma en anos anteriores, o concurso no que poñeredes a proba todo o traballado sobre o noso proxecto ou investigar un pouco máis.

“A música: linguaxe universal”

Durante este curso actual 2023-2024 temos como Proxecto Documental Integrado “A música: linguaxe universal” para o longo deste curso traballar sobre a música: estilos, músic@s, compositorres/as, cantantes…

Comezaremos coa presentación a través dun mural no que se agochan diferentes personaxes relevantes da música nas súas letras, presentado en diferentes soportes para o acceso da información a toda a comunidade educativa.

CREAMOS E RECREAMOS A POESÍA: Crear un video-poema a partir de un texto poético. O idioma é a chave coa que abrimos o mundo…

A poesía expresa fundamentalmente emociones pero non é a única forma artística que o fai. A música, a pintura, a fotografía…, todas as expresións artísticas, en xeral, utilízanse, en maior ou menor medida, para expresar sentimentos, emocións e en ocasións poden ser complementarias.

Neste apartado imos combinar varias formas de expresión e crear un vídeo-poema, é dicir como un vídeo- clip pero a partir dun poema. O poema (gravado oralmente) ira acompañado dunha música e unhas imaxes (fotografías, debuxos, vídeo…) que subliñen o sentido e a emoción do poema.

Cada UN/ UNHA escollerá un poema dun autor/a galeg@para render un homenaxe á Galicia e ao noso idioma, polo Día das Nosas Letras, 17 de maio. Unha vez que leamos e entendamos o contido do poema, deberemos buscar as imaxes e a música que nos parecen máis adecuados para acompañar ao poema e compoñer o vídeo-poema que debemos crear. A idea é que tanto as imaxes como a música que utilicemos axuden a subliñar as emocións que o poema quere expresar.

Os mellores videopoemas serán colgados na páxina web da Biblioteca do colexio para disfrute de todo o mundo!

Ánimo, … e a poemar!

Deixovos, tamén, unha fermosísima canción de Uxia, acompañada de Tanxugueiras e Faia, que lle pon a música a un poema de Manuel María. #QueremosGalego #UxíaSenlle #AMadriña.

https://drive.google.com/file/d/19B4ghMTsmoR6i1no2TLOq8QUEK1HFiPh/view

https://view.genial.ly/5ecba0368214060d226b4b1b/presentation-longa-noite-de-pedra

Especial Letras Galegas 2020: Ricardo Carvalho Calero

Actividades

Contos do mundo

Hai moitas crianzas en todo o planeta cuxa cultura ten moitos trazos en común. A partir das nosas costas, contos e lendas cruzaron o Atlántico, e regresaron aos nosos lares achegas do novo continente. Galicia ten as súas raíces estendidas a ambos os lados deste océano, e isto fai que as nosas crianzas teñan un acervo cultural común que os une, e unhas culturas autóctonas que constitúen os valores de toda a humanidade, rica e diversa. É bo que todas elas coñezan historias que fixeron soñar a moitos dos seus antepasados. Tamén é bo que se poidan achegar a historias dos antepasados doutros nenos coma eles.escritas agora en galego para que todos as entendan. Por que non recoller algúns destes antigos relatos nun libro de contos destinado ás crianzas de hoxe? Parecía unha boa idea e decidiuse levala a cabo. Podedes lelos nesta ligazón.