Colaboración con “Save the Children”

Dende fai un par de cursos escolares o noso centro educativo vén de colaborar coa ONG “Save the Children”, polos dereitos da infancia.

Moito máis que unha actividade deportiva, a carreira Quilómetros de Solidariedade permite traballar a defensa e promoción dos Dereitos da Infancia dentro e fose da aula. A través das actividades didácticas as alumnas e alumnos coñecen máis de preto a situación que millóns de nenas e nenos de países máis desfavorecidos viven a diario.

Podedes ver as fotos da carreira na nosa páxina de Facebook

 

30 de xaneiro: Día Internacional da Paz e a Non Violencia

Este libro, Imaxine, trata sobre a paz que nos axuda a gozar dunha vida feliz e segura. Para que a paz floreza, necesitamos tratar a todos con amabilidade, igualdade e xustiza. Todos podemos defender a paz e axudar a facer do mundo un lugar mellor. Yoko Ono Lennon permitiu amablemente que as marabillosas palabras de John Lennon sexan usadas neste libro. O artista Jean Jullien creou as fermosas imaxes que ilustran a canción.
As palabras e ilustracións apoiarán o traballo de Amnistía Internacional para axudar a protexer os dereitos humanos en todo o mundo.

                                 Cinema na Biblioteca: Os alumnos e alumnas de 6º curso asistiron na Biblioteca á proxección da película “O gran dictador” de Charles Chaplin.

O pase de diapositivas require JavaScript.