VISITA DE LOIS PÉREZ

O alumnado de 6º de primaria recibiu hoxe a visita do escritor e compañeiro Lois Pérez co seu libro A Gruta da Torre, que nos fixo un percorrido pola Mariña Lucense. Coma sempre un pracer contar con el e facer as delicias do noso alumnado.

Concurso Proxecto: OS CATRO ELEMENTOS SON VIDA.

Benvidos a unha nova edición do concurso do Proxecto Documental Integrado este ano co proxecto Os catro elementos son vida.

Facer equipos, contestar semanalmente a pregunta do voso nivel, se é correcta canxeala por bibliopuntos e ao finalizar cambiar bibliopuntos por agasallos.

5ª PREGUNTA E ÚLTIMA.

4ª PREGUNTA

3ª PREGUNTA

2ª PREGUNTA

1ª PREGUNTA

Bases do concurso.

Recomendacións lectoras.

O elemento da Terra aunou dous días moi especiais no que o alumando do noso colexio fixo diferentes recomendacións lectoras para o Día do Libro e da Terra participando na actividade “Ler Natureza”do CEIDA. Cada aula escolleu un libro dos expostos dos fondos da biblioteca ou aportacións da comunidade educativa, traballaron con el e logo fixeron un vídeo para recomendalo ou promocionalo.

Todo un placer compartir e vivir as nosas lecturas.

Día da PAZ

Para conmemorar o día da Paz fixemos un mural colectivo co lema “A Paz Climática” tendo como base os catro elementos asociados as consecuencias das actividades humanas no medio ambiente aportando unha exposición de fondos bibliográficos da maleta viaxeira do CEIDA. Por outra banda tamén fixemos, coma en anos anteriores, a carreira solidaria en colaboración con Save the children.