Entrega dos premios aos gañadores/as nos distintos concursos promovidos pola Biblioteca

Como ben sendo habitual ao finalizar o primeiro trimeste e, coincidindo coas festas de Nadal, aproveitamos para entregar os premios aos gañadores dos concursos celebrados no centro. Neste caso os premios foron para os traballos presentados con motivo do concurso lema do proxecto deste curso da nosa biblioteca: “Luces, cámara e acción; un cole de aluCINE” e, tamén os gañadores/as do Concurso de Postais de Nadal.

Concurso postais de Nadal 2017

Como sabedes todos os cursos facemos o Concurso de Postais de Nadal, elixindo unha para felicitar ás familias, as autoridades educativas e a outras bibliotecas. De entre todas as presentadas que, foron moitas e moi bonitas, o que cada vez fai mais difícil a elección, saiu a que a aquí vos mostramos que, como podedes observar, é a combinación de dúas elaboradas por Clara de 2º B e Sara Freire de 6º B. Noraboa a ambas!!

  

           A Biblioteca, tamén elaborou unha GUÍA DE LECTURAS DE NADAL

                                                                                            Aquí vos deixamos unha pequena mostra das felicitacións tan fermosas que fixeron os nosos alumnos e alumnas

O pase de diapositivas require JavaScript.