Día da Paz

Dende fai un par de cursos escolares o noso centro educativo vén de colaborar coa ONG “Save the Children”, polos dereitos da infancia.

Podedes ver as fotos da carreira na nosa páxina de Facebook

Moito máis que unha actividade deportiva, a carreira Quilómetros de Solidariedade permite traballar a defensa e promoción dos Dereitos da Infancia dentro e fose da aula. A través das actividades didácticas as alumnas e alumnos coñecen máis de preto a situación que millóns de nenas e nenos de países máis desfavorecidos viven a diario.

Este curso tamén decidimos poñer música a este festividade e, relacionado co noso proxecto aprendimos e cantamos a canción “Abre la muralla”, con letra do poeta Nicolás Guillén e música do grupo chileno Quilapayún. Os alumn@s elaboraron unhas chaves que pechaban ou abrían a muralla.