Postal gañadora e Guía De LeCTuRaS De NaDaL 2016

Como sabedes todos os cursos facemos o Concurso de Postais de Nadal, elixindo unha para felicitar ás familias, as autoridades educativas e a outras bibliotecas. De entre todas as presentadas que, foron moitas e moi bonitas, o que cada vez fai mais difícil a elección, saiu a que a aquí vos mostramos que, como podedes observar, é a combinación de dúas elaboradas por Mael Losada de 2º B e Iker Marín de 4º A. Noraboa a ambos!!

A Biblioteca, tamén elaborou unha GUÍA DE LECTURAS DE NADAL: Aquí podedes atopar recomendacións e suxerencias para estas datas…

FELICES LECTURAS!! e FELIZ NADAL A TODOS E TODAS!!!

 

Seguimos viaxando!!1

Dentro do Proxecto Documental Integrado deste curso un dos apartados era construír con materiais de refugallo un personaxe dun conto elixido por eles …

… FANTÁSTICOS os traballos que cada día nos chegan desde os fogares do noso alumnado!! Grazas a eles viaxamos por todos os lugares do planeta en globo, en barco, en avión… pero, sobre todo, cun transporte máxico: os LIBROS!

Canta imaxinación e creatividade!! PARABÉNS!!

Seremos capaces de dar a volta ao mundo?? Pois claro!! A seguir viaxando!!