21 de marzo, equinoccio de poesía

Coincidindo co equinoccio de primavera, celebramos hoxe o Día Mundial da Poesía. Esta conmemoración, aprobada pola UNESCO en 1999, ten como principal obxectivo apoiar a diversidade lingüística a través da expresión poética e dar oportunidade ás linguas ameazadas de ser vehículo de comunicación artística nas súas comunidades respectivas.
Leamos poesía porque como di Fran Alonso: A poesía é unha barricada de palabras rebeldes, un aturuxo de liberdade. A poesía é diurética, dixestiva e antiestresante; é flexible coma o chicle e o seu ADN é profundamente subversivo. Un poema no aire é unha bomba de palabras.

DIA DA MULLER TRABALLADORA 2017

O pase de diapositivas require JavaScript.

O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller Traballadora, tamén chamado Día Internacional da Muller, no que se conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé de igualdade co home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro como persoa.
Ao longo da historia da humanidade as mulleres non tiveron doado incorporarse ás distintas áreas do coñecemento, polo que resulta imprescindible poñer en valor esas mulleres que, remando contra corrente, foron capaces de acadar as máis arduas metas, e así, canda elas, elevar ao resto do seu xénero.

Co gallo da celebración deberemos buscar na biblioteca ou na casa libros que foron escritos e/ou ilustrados polas mulleres, todas elas escritoras de literatura infantil, que temos colocadas no corredor principal do centro. Despois deberemos escoller un deles e facer a súa ficha bibliográfica para colocala no panel  e que servirá como recomendación lectora para o resto dos compañeir@s.

Veña, a buscar!!! Velaí van algunas pistas:

QUÉROCHE CONTAR UN CONTO!

Dentro das actividades que realiza a Biblioteca do centro son moi importantes as de ANIMACIÓN Á LECTURA. Nesta ocasión foron os nenos/as de primeiro de primaria os que acudiron cun saco cheo dun montón de contos fantásticos, como Caramuñas, O monstruo de Cores, A cebra Camila…,  ata as aulas de segundo de primaria e ata o edificio de educación infantil. Pasaron un rato moi divertido.  Encantáronnos os contos e tamén a ambientación con ilustracións prepararon para a ocasión.

Aquí vos deixamos as imaxes.

O pase de diapositivas require JavaScript.

DÍA DE ROSALÍA 2017

#RosalíaTe: actividades do Día de Rosalía de Castro 2017

Desde o profundo da voz e co seu canto radical e solidario, Rosalía de Castro mobiliza a nosa conciencia colectiva, galega e universal. A obra de Rosalía, adiantada ao seu tempo, fala tamén para a mocidade do século XXI: adáptase, camaleónica, a todos os soportes e medios de difusión tecnolóxica, en papel ou dixitais. Este curso a AELG propuxo aos centros educativos crear unha máscara de Rosalía de Castro á que lle colocaremos un depresor na parte de abaixo para suxeitala. Os que queiran sumaranse á iniciativa da AELG e fará unha foto cos seus maiores portando un verso rosaliano no medio.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Visita do redactor xefe do Progreso

Manel Freire visitou o noso centro para explicar aos alumnos/as de 5º e 6º de primaria os fundamentos básicos do traballo que deben realizar para o proxecto Escola de Prensa El Progreso, que busca fomentar o coñecemento dos medios de comunicación entre os alumnos de colegios e institutos de Lugo a través da elaboración do seu propio diario. Durante a súa charla, Manel, explicou cales son os medios técnicos para facer un xornal que, poden parecer moi complicados, sen embargo o proxecto Escola de Prensa adapta as maquetas reais de El Progreso para que os escolares podan manexalas con facilidade, utilizando un programa de código libre denominado Scribus 1.5.2., onde están as maquetas do xornal, divididas en información, reportaxes, portadas, entrevistas e contraportadas.

Os mellores periódicos recibirán como premio a impresión na rotativa de El Progreso,e tamén haberá galardones para os mellores trabajos individuais.

OS PEQUENOS XORNALISTAS DO ROSALÍA

Os pequenos xornalistas do Ceip Rosalía de Castro

 

 

 

ENTROIDO 2017

Que ben o pasamos no entroido do cole!!! Como todos os anos, fixemos unha festa superdivertida na que houbo de todo: disfraces, comparsas, música, bailes e moitas, moitas risas. Como é habitual, o noso entroido baseouse no PDI que estamos traballando polo que, como xa supoñedes, todo xirou arredor dos contos. A función levaba o título “Cóntame un conto” por aí foron aparecendo as distintas aulas do cole vestidas de distintos personaxes de contos do mundo:

Os alumnos e alumnas de infantil: Brancaneves o príncipe e os ananiños (4º ); Mickey e Minnie (5º) e rás e princesas (6º)

En primaria tivemos: Abellas Mayas (1ºA e B), chineses e o mundo de Oriente (2ºs), o mundo do rei Artur e Grúfalos (3ºs), contos africanos (4ºs), piratas e Alicia no país das Marabillas (5ºs) e contos de Canadá(6ºs).

Aproveitamos para dar as GRAZAS a todas as familias pola súa colaboración e a súa asistencia; aos profes, pola súa dedicación. E, por suposto, moitos PARABÉNS ao alumnado polo seu bo facer e profesionalidade.

MOITOS BICOS  E ATA O ANO QUE VEN!!!

PARA PODER VER OS VIDEOS QUE FORON GRAVADOS ESE DÍA PODES ENLAZAR AO NOSO CANAL DE YOUTUBE