25 de novembro: Día Internacional contra a violencia de xénero

Os rapaces e rapazas de todo o centro elaboramos un mural contra a violencia de xénero, situado no corredor principal para dar visibilidade a un problemas que nos afecta a todas e todos como membros dunha sociedade. Este mural forma parte dunha campaña organizada polo centro educativo CEIP Aquilino Iglesia Alvariño. Co # equaliter violencia de xénero, elaboramos dito mural e tamén os mensaxes, algúns dos cales podedes ver colgados do mesmo. Aparte de contribuír a dita campaña, os alumn@s asistiron ao visionado na Biblioteca dunha película sobre dito tema, así como á lectura de diferentes libros, seleccionados pola Biblioteca e, que serviron para tratar de concienciar aos nosos alumn@s da importancia de dicir NON ante calquera tipo de maltrato.

Proxecto #equaliter.

 

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

Aquí podedes ver o vídeo editado polo CEIP Aquilino Iglesia Alvariño no que participamos.

Un mAgOstO dE cInEmA!!!

Este curso aproveitamos, tamén, o magosto para seguir a desenvolver o noso proxecto de cinema e, dende a Biblioteca e coa colaboración do Equipo de Dinamización da Lingua Galega, levamos a cabo un traballo cinematográfico, adaptando unha película coñecida ( substituíndo os seus protagonistas, os lugares, ou escenas coñecidas…) ata convertela nun magosto cinéfilo. Os resultados foron espectaculares e convertemos os corredores do noso centro en salas de cinema con anacos de esceas de películas coñecidas.

Ata tiñamos as palomitas!!!!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Achegándonos á Micoloxía

Aproveitando a exposición, que como todos os anos realiza no noso colexio a Sociedade Micolóxica Lucus, recomendáronse, dende o equipo da Biblioteca, distintas lecturas, tanto en soporte papel como dixital –páxina web da Sociedade Micolóxica-, relacionadas con esta temática, e que foron utilizadas para elaborar diferentes traballos de investigación, sobre o mundo dos cogomelos.  Paralelamente tamén se organizou un Concurso de debuxo e manualidades, con premios proporcionados pola Sociedade Micolóxica. O resultado  ( debuxos, por parte dos máis pequenos, manualidades e cartelería informativa con clasificación, características, identificación e fotografías, por parte dos diferentes cursos) foi plasmado nuns taboleiros e mesas, que se situaron no corredor principal e que se puideron ver durante a exposición que realiza a Sociedade, e que se abre ao público en xeral, tendo unha importante afluencia de visitantes.