Samaín 2019

Xa chega o SAMAÍN e os nenos e nenas do cole prepáranse para recibilo con moita arte. Como actividade relacionada co PDI deste curso, os alumn@s, de xeito voluntario, elixiron caracterizar as súas cabazas con elementos que tiveran que ver co noso proxecto.

Así nos atopamos con varias cabazas caracterizadas de peregrinos, coa vieira e o gorro, algunha nun castro celta e ata na nosa muralla!

Que idea tan xenial!!!

Ademáis, crearon un caldeiro onde ían depositando os seus medos máis arrepiantes. A ver que vos parecen:


Aínda máis!!!

Co remate do prazo para a entrega de traballos para a biblioteca, chega unha morea de auténticas obras de arte para a exposición que axiña estará nos corredores para o goce de toda a comunidade educativa. MOITAS grazas a todas as familias que colaboraron coa súa creatividade, coa súa ilusión, co seu tempo, co seu entusiasmo, coa súa complicidade e compromiso, demostrando, unha vez máis, que a educación dos nosos nenos e nenas é cousa de TOD@S.