Exposición de Cabazas

Con motivo da festa de Samaín/ Halloween os equipos de Biblioteca e de Dinamización da Lingua Galega, e contando, coma sempre, coa colaboración dos país/nais, organizaron unha nova exposición de cabazas. Cada ano a participación é maior e, tamén o grao de mestría que amosan os alumn@s á hora de presentar os seus traballos. Este curso. ademais, incluímos dentro da proposta que tiveran relación co noso proxecto que, como sabedes, vai de cinema. E, como podedes observar polas fotografías, houbo gran participación e moitas cabazas cinematográficas…

O pase de diapositivas require JavaScript.

Pola tarde a ANPA organizou unha gran festa onde houbo moitos disfraces que daban moito, moito …. MEDO!!!

Aqui podedes ver unha mostra ..

 

CREANDO CULTURA

O alumnado de 5º e 6º de primaria asistiron na Biblioteca a un obradoiro chamado “Creando cultura”, no que por medio de diapositivas se lles lanza unha campaña de sensibilizacón para loitar contra a piratería na Internet: música, cine, libros ..etc  CreaCultura é un movimiento que traballa para que se recoñeza o valor da Propiedad Intelectual e concienciar sobre as consecuencias, que nos afectan a todos. que conleva a súa vulneración.

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

Proxecto documental integrado

Para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares e como apertura deste novo curso escolar, a Biblioteca convocou un concurso relacionado co proxecto documental integrado que, como sabedes, dedicamos este curso ao cinema. Pois ben, relacionado co proxecto, os alumnos e alumnas do noso centro debían elaborar en colaboración coas súas familias un cartaz ou un diorama que respondese ao lema do concurso “Rodamos no Rosalia. Un cole de alucine”. Como podedes apreciar nas fotos, os traballos foron excepcionais, dunha gran calidade artística, demostrando unha vez mais, un curso mais, que sempre é posible superarse.

Grazas a tod@s pola participación e noraboa polos traballos tan estupendos que presentástedes. O equipo da Biblioteca vaino ter moi difícil para outorgar os premios!

O pase de diapositivas require JavaScript.