Os ELECTRECOS-Bolechas na Biblioteca

Os nenos e nenas de 3º  recibimos a visita dos Electrecos Bolechas que nos dixeron que querían formar un gran equipo de reciclaxe con todos os nenos e nenas galegos para a RAEE, que é a Reciclaxe de Aparellos Electrónicos e Eléctricos e así poder defender o planeta da contaminación, do abuso dos recursos e das malas prácticas que poñen en perigo o noso medio. 

Aprendimos moitas cousas e pasámolo moi ben. E, para rematar non podía faltar un rap sobre a RAEE que bailamos todos e todas con moito ritmo.

Máis información no seguinte enlace

8 de marzo, Día da Muller Traballadora

Neste curso decidimos recompilar información sobre mulleres galegas relevantes ao longo da historia para pór en valor e dar visibilidade ás contribucións das mulleres en todos os ámbitos de relacións sociais. Dende a Biblioteca accedimos á información, datos, voces, imaxes, escritas, traballos e traxectorias de mulleres galegas e/ou relacionadas con Galicia e, unha vez, que tivemos a información as colocamos simulando unha muralla que dera consistencia e sostén ao labor de todas elas.

Grazas á ANPA pola súa colaboración.

Obradoiro PlayEnergy

PlayEnergy foi o obradoiro itinerante de ENDESA EDUCA que tivemos na Biblio do centro para os alumnos e alumnas de 3º curso de primaria.

O alumnado entra en contacto co mundo da enerxía mediante unha serie de experimentos de maneira directa e tanxíbel, reforzando así os conceptos aprendidos en clase.

Sen deixar de aprender dun xeito lúdico, os alumnos probaron como funciona un colector solar ou unha cociña solar e como se xera electricidade mediante un aeroxerador e un panel fotovoltaico, entre outros. O obxectivo da actividade é dar unha visión completa do valor e o uso da enerxía e que os estudantes poidan manipular axeitadamente estes conceptos.

Durante a actividade, os alumnos contaron cunhas fichas educativas que os axudaron a consolidar os conceptos aprendidos.

Entroido 2019

O venres, 1 de marzo, celebramos O ENTROIDO no cole cunha obra colectiva na que interviñeron tod@s os nenos e nenas do centro. Foi un éxito tremendo e pasámolo requetebén!!! Como todos os anos, fixemos unha festa superdivertida na que houbo de todo: disfraces, comparsas, música, bailes e moitas, moitas risas. Como é habitual, o noso entroido fixo referencia ao PDI que estamos traballando, de aí que nos trasladaramos a lugares e a culturas que son Patrimonio da Humanidade. Dun xeito moi peculiar e orixinal pasaron polo escenario: exipcios, mexicanos, hindúes, aztecas, chineses … pero, non podían faltar comparsas relativas ao noso patrimonio galego, de aí que nos atoparamos cunha romería galega, con cigarróns, pantallas, madamas e galáns, tamén con algún oso de Salceda e, finalmente, con uns peregrinos que facían o Camiño de Santiago…. para rematar cun baile fin de festa no que todos participaron. E con este final feliz rematou a historia e o ENTROIDO DO MESTRES do ROSALÍA!!!
Moitas GRAZAS a todas as familias que colaboraron achegando os inxeniosos disfraces que luciron garbosamente os nenos e nenas. GRAZAS, tamén, a todas as persoas que nos acompañaron neste fantástico día. E, por suposto, GRAZAS e moitos PARABÉNS aos nosos espléndidos actores e actrices, ao profesorado e aos mestres de cerimonias!

Na nosa páxina de Facebook (ver album) podedes ver algunhas fotos e videos. Que os desfrutedes!!