Mes dos libros

Para rematar este mes de libros e lecturas, os alumnos e alumnas de 6º Curso representaron varias obras de teatro para o alumnado de Infantil, 1º e 2º de primaria baseadas nos contos: “Vellinas” “Pinoquio” “A pota que trota” “ As tres princesas pálidas” “ O ladrón de palabras” e “ O lobo e os sete cabritos” coas que fixeron as ledicias dos nenos/as. Ao final da representación e para maior diversión inventaron xogos e actividades relacionadas cos contos.

Visita de Marica Campo

O día 26 de abril veu falar con nós a autora, Marica Campo, autora do libro que xa tiñamos lido, Unha misión para Clara”.  Contounos moitas cousas sobre a obra …. Marica tamén nos contou a súa historia como escritora: cando empezou a escribir, cantos libros escribiu, os diferentes tipos de obras que fixo, etc. Falaba dun xeito ameno e moi próximo, por iso foi divertido e ademais aprendeunos outras moitas cousas do noso marabilloso país.

Obradoiro sobre coeducación

En colaboración co Concello tivemos na Biblioteca o Obradoiro Empodérate!, para as nenas e nenos de 6º de Educación Infantil e 1º e 2º curso de Educación Primaria, onde se deu visibilidade a unha ampla variedade de profesións e traballos, aportando a experiencia persoal de voluntarias e voluntarios que desenvolven a súa actividade laboral en ámbitos fortemente masculinizados ou feminizados, facendo fincapé en que non existen profesións de homes e profesións de mulleres.

 Ao mesmo tempo que recibimos un novo libro protagonizado pola familia dos Bolechas, incidindo nesa mesma idea.