Festa de Samaín 2019

Con motivo da festa de Samaín e, como vén sucedendo dende fai varios cursos, os nenos/as decoran as súas cabazas con axuda das súas familias para logo facer unha gran exposición nos corredores do centro educativo. Este curso, a maiores, moitas das cabazas viñan con lemas alusivos ao proxecto de centro, relativo á educación ambiental.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Pola tarde houbo, organizada pola ANPA, a festa de Samaín/Halloween. Houbo disfraces, moita diversión e os alumn@s de 6º puxeron os seus postos para vender distintos obxectos e, recadar así algunha axuda para a excursión de fin de curso. Unha festa terrorífica pero moi divertida!!!

PDI: “Naturalízate: móvete polo teu futuro”

Xa temos aquí os traballos realizados para o primeiro dos proxectos que pedimos aos alumn@s en colaboración coas súas familias. A calidade dos mesmos é extraordinaira, demostrando, proxecto a proxecto que é posible superarse.  No FACEBOOk do noso centro tendes unha pequena mostra dos orixinais traballos presentados ao concurso.

Noraboa aos alumn@s e as súas familias polo esforzo extraordinario realizado!

O pase de diapositivas require JavaScript.

Proxectos de Educación Ambiental

Como xa dixemos noutro artigo este curso decidimos apostar pola educación ambiental non só como proxecto de centro tamén como proposta de futuro; de aí que estemos inmersos en numerosas iniciativas que teñen que ver co noso proxecto. Dúas desas propostas son a de “Recreos, Residuos Cero”, e a de “Naturaliza”, de Ecoembes. Con elas pretendemos concienciar sobre o uso dos plásticos, fundamentalmente, e tamén sobre distintos problemas mediambientales que afectan ao noso planeta. Se picades sobre as imaxes teredes máis información ao respecto. 

Biblioteca escolar, viveiro de cidadania

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, seguindo a súa dinámica de difusión das posibilidades que ofrece a biblioteca escolar ao conxunto da comunidade educativa, dá a coñecer o lema que propón ás bibliotecas escolares galegas para o presente curso 2019/2020: “Biblioteca escolar, viveiro de cidadanía”. Nesta ocasión é o ilustrador Óscar Villán quen interpreta o lema e nos ofrece unha imaxe múltiple e evocadora de diversas situacións que unha biblioteca escolar pode facilitar.

Intervir na biblioteca escolar (nos seus espazos, nos seus tempos, nos seus recursos e actividades) ten consecuencias para o alumnado e para a comunidade educativa. Das características e dos enfoques desa intervención dependen os usos e as oportunidades que a biblioteca pode ofrecer. Cómpre unha reflexión sobre a distribución dos espazos, a organización dos tempos, a selección dos recursos e, moi especialmente, sobre o enfoque das actividades, co fin de que a biblioteca escolar poida facilitar o diálogo, a lectura crítica, a reflexión, o acceso ao coñecemento, o pensamento, a investigación, a experimentación, a creación, a comunicación, a adquisición de competencias útiles para a vida e para a convivencia, para o desenvolvemento académico e persoal, para unha participación activa nunha sociedade máis xusta e igualitaria.

Nada disto é doado nin se consegue nun curso escolar. Cómpre sementar, crear ese hábitat axeitado para que os pequenos e as pequenas, os mozos e mozas vaian desenvolvendo a estima por si mesmos e polos recursos naturais e culturais á súa disposición, aprendan a convivir cos outros, adquiran paulatinamente os valores democráticos, o respecto polos Dereitos Humanos e a Cultura de Paz imprescindible para unha convivencia xusta, pacífica e enriquecedora para todos e todas. 

A biblioteca escolar pode chegar a ser ese “viveiro de cidadanía” no que medren en confianza as xeracións novas e poidamos forxar esperanza fronte aos retos que o mundo actual nos presenta.