VISITA DO APALPADOR

O Apalpador veu da serra do Courel para visitar aos máis pequenos/as do noso cole.

Na noite do 25 ou do 31 de decembro, este xigante bonachón e de oficio carboeiro, abandoa as altas montañas nas que vive e baixa ás aldeas para entrar sen facer ruido nos cuartos dos máis pequenos. Despois de palparlles a barriguiña con moito coidado (de ahí o nome de Apalpador) e comprobar que estaban ben alimentados, desexáballes o que o vindeiro ano non pasen fame e como agasallo de Nadal deixalles unha boa presa de castañas asadas.

O Apalpador tamén falounos do importante que é ter unha alimentación sá e equilibrada e de respectar e coidar o noso entorno.

O pase de diapositivas require JavaScript.

“Entroido no Rosalía”

Que ben o pasamos hoxe no ENTROIDO do cole!!!  Fixemos unha festa superdivertida na que houbo de todo: disfraces, comparsas, música, bailes e moitas, moitas risas.  O noso entroido baseouse no PDI que estamos traballando polo que, como xa supoñedes, todo xirou arredor da Alimentación : houbo moitas froitas, polbo e cachelos, peixe no seu prato, caramelos e, por suposto, moita risa e diversión.