Entrega de premios as gañadores/as dos diferentes concursos promovidos pola Biblioteca

Fotos correspondentes á entrega dos premios aos gañadores e gañadoras dos concursos celebrados no colexio durante o primeiro trimestre: Concurso “Naturalízate” e Concurso de Postais de Nadal Este ano houbo estupendos traballos e por iso, tamén, hai moitos máis agasallos.

Noraboa a todas e todos polos excelentes traballos presentados!

Grazas ás familias pola súa constante colaboración e cooperación.

Concurso Postais de Nadal 2019

Como vén sendo habitual volvemos convocar un novo concurso de Postais de Nadal, sendo este ano o eixo común o PDI deste curso que como sabedes é “Naturálizate: móvete polo teu planeta”. Presentáronse moreas e moreas delas, todas fantásticas, feitas con materiais de refugallo ou facendo referencia ao proxecto. Un traballo tremendamente creativo e, fundamental, para tomar conciencia ambiental, coñecemento ecolóxico e actitudes e valores comprometidos co medio ambiente para lograr un desenvolvemento sostible do planeta.

NORABOA a tod@s os participantes por un traballo tan extraordinario!

Visita da escritora Paula Carballeira

No mes de decembro visitounos a escritora Paula Carballeira para conversar co alumnado de 2º e 4º, lector@s de dous dos seus libros:

Parece que o libros triunfaron, xa que moitos de vós comentastes o moito que vos gustaron; pero a visita máis todavía, polas risas durante a charla. A verdade é que Paula Carballeira, ademais de boa escritora, é toda unha “entertainment” e con ela tes asegurado pasar un bo rato!

Sempre é un luxo poder coñecer autores/as dos libros que lemos e poder escoitar as súas historias, preguntarlles dúbidas, que nos conten curiosidades, botar unhas risas… 😄

Espero que gozárades do encontro con ela! 😉

O pase de diapositivas require JavaScript.

Ú-la Lúa? Conta contos con monicreques na Biblioteca

U-la Lúa? foi unha proposta escénica dirixida ao alumnado de E. Infantil e 1º de primaria, onde valores como a tenrura, o respecto ou a solidariedade cobran importancia para levarnos a un mundo onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade.

Lúa é unha gatiña pequena, algo tímida e asustadiza. Vive coa súa avoa nunha humilde casa. No exterior contan cun fermoso xardín no que Lúa pasa as horas xogando soa. Non ten irmáns e a avoa lle deixa saír fóra, mais Lúa soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas e amigos para xogar.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Conta contos pola Igualdade

O cómico e narrador oral Pedro Brandariz ofreceu na nosa biblioteca o espectáculo NON MÁIS PRINCESAS, dentro da programación en materia de igualdade que leva a cabo o centro educativo.
NON MÁIS PRINCESAS é un espectáculo protagonizado por personaxes femininos que escapan dos estereotipos de dous roles clásicos de xénero, labrándose un futuro prometedor, e sobre todo decidindo libremente. Trátase dunha montaxe que ten como principal obxectivo a concienciación na igualdade de xénero e a prevención das violencias machistas desde as idades máis temperás.

O pase de diapositivas require JavaScript.