Héctor Lorenzo na Biblioteca

No mes das nosas letras quixemos contar na Biblioteca con Héctor Lorenzo. Este marabilloso músico veunos presentar un traballo moi fermoso chamado “Cousas de papá”. Este libro de poemas, escritos por Raúl Gómez Pato e ilustrados por Blanca Barrio, foron musicados polo noso invitado desta mañá.
Esta é a historia dun pai e dunha nena… Non, mellor non… Esta é a historia dun pai e dun neno… Tampouco… Esta non é ningunha historia. “Cousas de papá” é un libro de poemas escritos por un pai algo tolo e moi divertido, que viaxa en vasoira, constrúe hidroavións de papel, escorrenta os pesadelos e domina á perfección a linguaxe da fantasía. Das dezasete composicións que conforman o poemario, dez están musicadas por Héctor Lorenzo no CD que acompaña o libro. Música e poesía para xogar cos versos.
Pasámolo moi ben esta mañá, a través da música e da poesía, xogando cos versos, escoitando a Héctor… Moitísimas grazas por vir, por cantarnos tan bonito e por tratarnos con tanto cariño!!!

This slideshow requires JavaScript.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s