Proxecto documental integrado

Para conmemorar o Día das Bibliotecas Escolares e como apertura deste novo curso escolar, a Biblioteca convocou un concurso relacionado co proxecto documental integrado que, como sabedes, dedicamos este curso ao cinema. Pois ben, relacionado co proxecto, os alumnos e alumnas do noso centro debían elaborar en colaboración coas súas familias un cartaz ou un diorama que respondese ao lema do concurso “Rodamos no Rosalia. Un cole de alucine”. Como podedes apreciar nas fotos, os traballos foron excepcionais, dunha gran calidade artística, demostrando unha vez mais, un curso mais, que sempre é posible superarse.

Grazas a tod@s pola participación e noraboa polos traballos tan estupendos que presentástedes. O equipo da Biblioteca vaino ter moi difícil para outorgar os premios!

O pase de diapositivas require JavaScript.