CREAMOS E RECREAMOS A POESÍA: Crear un video-poema a partir de un texto poético. O idioma é a chave coa que abrimos o mundo…

A poesía expresa fundamentalmente emociones pero non é a única forma artística que o fai. A música, a pintura, a fotografía…, todas as expresións artísticas, en xeral, utilízanse, en maior ou menor medida, para expresar sentimentos, emocións e en ocasións poden ser complementarias.

Neste apartado imos combinar varias formas de expresión e crear un vídeo-poema, é dicir como un vídeo- clip pero a partir dun poema. O poema (gravado oralmente) ira acompañado dunha música e unhas imaxes (fotografías, debuxos, vídeo…) que subliñen o sentido e a emoción do poema.

Cada UN/ UNHA escollerá un poema dun autor/a galeg@para render un homenaxe á Galicia e ao noso idioma, polo Día das Nosas Letras, 17 de maio. Unha vez que leamos e entendamos o contido do poema, deberemos buscar as imaxes e a música que nos parecen máis adecuados para acompañar ao poema e compoñer o vídeo-poema que debemos crear. A idea é que tanto as imaxes como a música que utilicemos axuden a subliñar as emocións que o poema quere expresar.

Os mellores videopoemas serán colgados na páxina web da Biblioteca do colexio para disfrute de todo o mundo!

Ánimo, … e a poemar!

Deixovos, tamén, unha fermosísima canción de Uxia, acompañada de Tanxugueiras e Faia, que lle pon a música a un poema de Manuel María. #QueremosGalego #UxíaSenlle #AMadriña.

https://drive.google.com/file/d/19B4ghMTsmoR6i1no2TLOq8QUEK1HFiPh/view

Plan Proxecta: proxecto didáctico sobre Antonio Fraguas

Neste curso embarcámonos neste programa que consistiu nunha pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, lingüístico, xeográfico, histórico e artístico do contorno inmediato do centro escolar. Elaboramos un traballo en equipo mobilizando aos membros da comunidade escolar e a nosa contorna. Neste traballo de investigación tivo unha función nuclear o alumnado, quen realizou a identificación de elementos patrimoniais e recoñeceu a súa importancia como elementos e valores cívicos. E, aproveitando que é o autor a quen se adican este ano as Letras Galegas, participamos asemade no Concurso – Exposición que coma todos os anos organizan dende a Secretaria de Política Lingüística da Xunta de Galicia e, aínda que os nosos carteis non foron os gañadores, decidimos expoñelos nos corredores do centro como mostra do gran traballo realizado por mestres e alumnos.

Letras Galegas 2018: María Victoria Moreno

VÍCTOR F. FREIXANES, presidente da Real Academia Galega, nunha carta á comunidade escolar, anuncia a posta en marcha do proxecto web Primavera das Letras. Con esta iniciativa, a Real Academia Galega pretende facilitar recursos didácticos e lúdicos para o alumnado de infantil e primaria que lles axuden a se achegar á persoa homenaxeada o 17 de maio, MARÍA VICTORIA MORENO. Tal e como se expón en dita carta, os materiais de Primavera das Letras pretenden promover que a aprendizaxe arredor do Día das Letras Galegas non se limite aos días previos ao 17 de maio. Así, achega progresivamente desde finais de febreiro novas fichas didácticas e contidos interactivos que permiten profundar na aula, e na casa, tanto na vida e na obra de María Victoria Moreno coma noutros contidos e competencias do currículo escolar, desde a expresión oral e escrita ata a igualdade entre mulleres e homes ou a protección do medio natural…

Lembrámoslle ademais que a web da Academia,academia.gal, recolle na sección Letras Galegas un percorrido biográfico e imaxes da vida de María Victoria Moreno. Desde este espazo, a RAG tamén ofrecerá durante estes meses reportaxes e entrevistas sobre a escritora.

KAMISHIBAI sobre A Galiña azul de Carlos Casares

Os alumn@s de 5º B realizaron durante todo o mes de abril e maio un traballo moi laborioso consistente en reproducir en láminas (fixeron os debuxos, colorearon e adaptaron o texto) a obra de Carlos Casares, A GALIÑA AZUL. Empregaron a técnica da acuarela e imaxinaron e debuxaron cada unha das esceas do libro para, logo, contalo, aos nenos e nenas dos cursos de E. Infantil, 1º, 2º, 3º e 4º de primaria. Empregaron varios exemplares mercados pola Biblioteca para homenaxear ao autor e, logo de lelos, moi detidamente, foron capaces de resumilo nas esceas que aparecen no Kamishibai.

UN ESTUPENDO TRABALLO!!

Kamishibai, en xaponés, quere dicir teatro de papel. É unha forma de contar contos moi popular en Xapón. Adoita estar dirixido a nenas e nenos pequenos que van gozar del en grupo. Tamén é utilizado como recurso didáctico. Está formado por un conxunto de láminas que ten un debuxo nunha cara e texto na outra. O seu contido, xeralmente en forma narrativa, pode referirse a un conto ou a algún contido de aprendizaxe. Como o texto está na parte posterior das láminas o kamishibai sempre necesita un presentador ou intérprete que lea o texto mentres os espectadores contemplan os debuxos. A lectura do kamishibai realízase colocando as láminas en orde sobre un soporte, teatrillo de tres portas que se chama “butai”, de fronte ao auditorio, e deslizando as láminas unha tras outra mentres se le o texto.

Concurso: “Pon o galego na túa boca”

Bases concurso de chapas

Con motivo das Letras Galegas o equipo de Biblioteca mailo de Dinamización da Lingua Galega veñen de convocar un concurso baixo o lema: “Pón o galego na túa boca”. Os alumnos/as participantes deberán deseñar o debuxo, dixital ou manualmente, para unha chapa, tipo pin, que faga referencia ao lema do concurso.

Xa nos chegaron algúns dos debuxos que fixeron e, entre eles, farase unha selección dos mellores para logo facer a chapa. A nosa intención é que estea rematada para finais do mes de maio e poder repartila entre os alumnos/as do centro e, tamén, entre as casetas das librarías que están instaladas na Praza Maior de Lugo. Concienciar da importancia da lectura e, fundamentalmente, da lectura en lingua galega.

LETRAS GALEGAS 2017: Colaboramos con El Progreso, o xornal de Lugo

Neste curso colaboramos co xornal El Progreso no suplemento que para tal ocasión sacou este diario. Fixemos poesías, murais conxuntos e colaborativos, nubes de palabras con Tagxedo, gravamos un video e fixemos unha presentación conxunta do que son para nós as Letras Galegas. Aquí podedes ver os traballos que fixemos e uns enlaces ás páxinas do xornal …

 

 

 

 

 

 

 

 

 

MAKING OF DOS TRABALLOS REALIZADOS

O pase de diapositivas require JavaScript.