APADRIÑAMENTO LECTOR 2016

Rematamos o mes dos libros cunha das actividades máis fermosas e emocionantes que se levan a cabo no centro un día de abril desde hai varios anos: O apadriñamento lector. Novamente, os libros e a lectura invadiron o noso cole. A ilusión, a emoción e a alegría da festa de compartir historias van máis alá da propia experiencia lectora. Quizais estes factores emocionales que envolven o ambiente crean un pouso nas mentes e nos corazóns que consiguen que cada ano todo o alumnado agarde con impaciencia revivir tantos sentimentos provocados polas palabras dun libro lidas con moito agarimo. Como é habitual, durante os días anteriores fixéronse os preparativos: escoller os contos na biblioteca, preparar a lectura e visitar as aulas dos “afillados/as” para facer as presentacións. Cando chegou o día todos acudiron á cita, sabedores de que a “hora de ler” deste día ía ser moi especial. Por fin, á hora prevista, reuníronse na biblioteca enchendo de maxia todos os seus currunchos…  Pouco despois, os libros abríanse e voaban as palabras, que provocaban conversas, sorrisos e mesmo apertas e aloumiños. Ao finalizar o tempo de lectura, padriños, madriñas e afillad@s intercambiaron agasallos como lembranza dese momento tan especial e como expresión do desexo de repetir a experiencia en cursos vindeiros.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s