FORMACIÓN DE USUARIOS: ALUMNADO COLABORADOR DA BIBLIOTECA. CURSO 2014-2015 ( Plan de Voluntariado de Lectura ” A”)

OLYMPUS DIGITAL CAMERA
Coma todos os cursos, en setembro, a encargada do equipo da biblioteca, realiza un percorrido polas clases de 6ºA e 6ºB de EP, coa finalidade de motivar ao alumnado que desexe colaborar, de forma voluntaria, como axudante do profesorado na biblioteca escolar, durante o período de lecer. O alumnado firma por escrito o seu compromiso de colaboración.
Durante o exercicio das súas funcións o alumnado vai provisto dun distintivo que se realizou dende o Equipo da Biblioteca, onde se reflicte que é un alumno/a colaborador así como a mascota da biblioteca. A labor deste alumnado consiste en axudar ao profesorado que está de garda na biblioteca, asesorar aos compañeiros/as na selección dos fondos bibliográficos, recoller os libros e colocalos nos andeis, estar pendentes de que o mobiliario quede en orde e óptimas condicións, asesorar e colaborar cos máis pequenos no emprego e búsqueda de información nos ordenadores, etc. é dicir, realizar un importante traballo de colaboración como guías de usuarios dos máis pequenos.
Para desempeñar este labor, ofrecéuselles formación específica en setembro, do mesmo xeito que se oferta ao resto do alumnado do Centro, pero puntualizando aspectos máis concretos vinculados co desempeño da súa función.
GARDAS DOS ALUMNOS E ALUMNAS DA BIBLIOTECA 2014-15

L U N S
6º A Irene Maseda Neira
6º A Paula Díaz Saavedra
6º A Raquel González Padín
M A R T E S
6º A Laura Besteiro Rey
6º A Ángela Vázquez Villar
6º B Lucas Enríquez Gueimonde
M É R C O R E S
6º A Laura Blanco Valcárcel
6º A Noa Fouz viñas
6º B María Pérez Rodríguez

X O V E S
6º B Noa Palmeiro López
6º B Roser Vivanco Coedo
6ºB Paula Espín García
V E N R E S
6º B Jorge Coria Díaz
6º B Diego Piñeiro Jiménez
6º B Daniel Meijide Fernández

Ao finalizar o curso escolar recibirán un diploma que recoñeza a súa colaboración e interese en contribuír coa súa inestimable axuda, ao equipo da Biblioteca.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s