FORMACIÓN DE USUARIOS E ALUMNADO COLABORADOR

 

DSCF7862

En setembro, a encargada do equipo da biblioteca, realiza un recorrido polas clases do 3º Ciclo de EP, coa finalidade de motivar ao alumnado que desexe colaborar, de forma voluntaria, como axudante do profesorado na biblioteca escolar, durante o período de lecer. Este curso introducimos algún cambio, dado que en cursos pasados detectamos elementos que non daban un bo resultado. Por este motivo decidimos que as quendas do alumnado foran fixas e só foi ofertado ao alumnado de 6º. Contemplamos tamén a existencia de alumnado suplente, para cubrir imprevistos. O alumnado firmou por escrito o seu compromiso de colaboración, unha vez que saíu a publicada a Resolución do 4 de outubro da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se pretende impulsar o voluntariado cultural.

Durante o exercicio das súas funcións vai provisto dun distintivo que se realizou dende o equipo da biblioteca, onde se reflicte que é un alumno/a colaborador así como a mascota da biblioteca. A labor deste alumnado consiste en axudar ao profesorado que está de garda na biblioteca no senso de manter a orde, asesorar aos compañeiros/as na selección dos fondos bibliográficos, recoller os libros e colocalos nos andeis, estar pendentes de que o mobiliario quede en orde e óptimas condicións, asesorar e colaborar cos máis pequenos no emprego e búsqueda de información nos ordenadores, etc. é dicir, realizar un importante traballo de colaboración como guías de usuarios dos máis pequenos. Ao mesmo tempo eles descubriron aspectos da biblioteca que descoñecían, polo tanto tamén lles serviu persoalmente para ampliar e enriquecer a súa formación como usuarios.

Para desempeñar esta labor, ofrecéuselles formación específica en setembro, do mesmo xeito que se oferta ao resto do alumnado do Centro ( a través de xornadas de formación de usuarios), pero puntualizando aspectos máis concretos vinculados co desempeño da súa función.

A organización realízase,  do seguinte modo:

GARDAS DOS ALUMNOS E ALUMNAS DA BIBLIOTECA 2013-14

 

L U N S                                 
6º B Dayana Machado
6º B Manuela Sánchez
6º B Ainoa Rodríguez López
M A   R T E S
6º B María López de la Fuente
6º B Jennifer Fernández Conde
6º B Andrea Sánchez Díaz

 

 

M É R   C O R E S
6º B David Cobas Fernández
6º B Daniel Cabarcos García
6º B Martin Vázquez Rodríguez
X O   V E S
6º B Mª José Díaz Núñez
6º B Antía Rodríguez Fresco
6ºB Lucía Pérez Gómez

 

 

V E N   R E S
6º B José Carlos Da Cunha
6º B Francisco Rodríguez Esteban
6º B Alejandro Díaz López
SUPLENTES
6º B Jorge García Carral
6º B Alberto López Castro
6º B Diego Carnero Carnero
6º B Diego Rodríguez Fernández

  Ao finalizar o curso escolar recibirán un diploma que recoñeza a súa colaboración e interese en contribuír coa súa inestimable axuda, ao equipo da Biblioteca.

 

 

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s