CONTOS INTERNIVELARES

 

 

 

DSCF9294Dentro da modalidade de lecturas compartidas no Colexio, e enmarcada dentro do Proxecto da Biblioteca Escolar (PMBE) para este curso, propoñiamos como un dos obxectivos a desenvolver, conseguir unha maior dinamización dos “contacontos internivelares”, de modo que chegaran aos distintos Ciclos. Trátase dunha actividade que xa levamos realizando dende hai varios cursos, e aproveitando a Resolución do 4 de outubro, pola que se pretende impulsar o Voluntariado Cultural relacionado coa lectura, plantexámonos abrila a todo o colexio, de tal modo que se desenvolveu a cargo do alumnado de 5º A e 5ºB. A actividade realizouse ao longo do curso. O alumnado preparou cos seus mestres titores, os contos que contaron, na hora de ler. Os receptores dos contos foron os alumnos e alumnas de E.I., 1º Ciclo e 2º Ciclo de EP. Segundo a seguinte organización: O alumnado de 5ºA, realizou os contos internivelares para o alumnado de EI e do 1º Ciclo de EP (“Kika superbruja y el vampiro del diente flojo”) e o alumnado de 5ºB, realizou os contos internivelares para o alumnado do 2º Ciclo de EP ( “Contos de maxia. Colección Cabalo Buligán”. Autores: Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Ramiro Cuba). Leváronse a cabo ao longo de varias sesións.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s