ACOMPAÑAMENTOS LECTORES

DSCF9648 DSCF9656

 

Este curso puxemos en marcha un novo Proxecto que consistiu nunha actividade de acompañamento lector, dirixida aos anciáns da Residencia de San Roque, que se atopa preto do noso Colexio. A primeira parte da actividade desenvolveuse o 20 de marzo; o alumnado que participou na mesma foi o de 6ºB de EP. As lecturas foron elixidas e practicadas cos titores durante a hora de ler. Prepararon varios contos populares clásicos: “O gato con botas”, “Carapuchiña Vermella”, “Sete cabritiños”, “Hansel e Gretel” e “Os tres porquiños”, coa particularidade que realizaron un acompañamento plástico, visual e musical cunha zanfona. Concertouse co asilo a data mais conveniente para desenvolver a primeira parte da actividade, tendo lugar o día 20 de marzo como especificamos con anterioridade. O alumnado foi acompañado na saída polos titores e a Directora do Centro. Consideramos que resultou unha actividade moi interesante e enriquecedora para a alumnado, posto que lles permitiu achegarse a unha realidade descoñecida para eles e ser máis solidarios cos nosos maiores. Ademais de realizar o conto musicado nas diferentes salas que teñen ( en función do estado e gravidade das enfermidades que padecen os residentes) o alumnado puido charlar cos anciáns que gozaban de boa saúde, de modo individual e grupal, de tal forma que os propios anciáns lles contaban anécdotas dos seus tempos mozos, contos, experiencias… resultando gratificante para ambos. Quedaron tan encantados coa nosa visita e coa posibilidade de contar cunha experiencia diferente que lles alegrou o día, que nos emprazaron a repetir a actividade cando puidéramos novamente, de tal modo que o alumnado de 6ºB levará a cabo a segunda parte da actividade en vindeiras datas.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s